Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: New Space España III xuntará en Vigo 250 profesionais da industria espacial española
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

New Space España III xuntará en Vigo 250 profesionais da industria espacial española

S. P.
Publicado: 24/09/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

new-space-espana-1-3.jpgNovamente o foro New Space España vai converter Vigo no punto de encontro da industria espacial española. Segundo a organización (a empresa galega Alén Space), o evento xa superou o seu récord de inscricións nesta terceira edición, coa presenza confirmada de máis de 250 profesionais e expertos relacionados co sector espazo. Do xoves 26 ao venres 27 de setembro, a sede de Afundación de Vigo será escenario dun intenso programa de conferencias e mesas redondas coa participación de 40 relatores que analizarán o presente e o futuro do sector en España.
O evento ten como obxectivo “servir como plataforma para o intercambio de coñecementos, impulsar a colaboración e o establecemento de alianzas entre empresas, centros de investigación, universidades e organismos públicos para converter a España nunha potencial global no sector espazo, explorar novas oportunidades de negocio e dar a coñecer misións como a Constelación Atlántica ou LEO-PNT, impulsadas pola Axencia Espacial Europea (ESA)”.
Entre as novidades de New Space España 2024 sitúase a habilitación dun servizo de tradución simultánea a inglés, unha mesa redonda para expoñer e debater sobre a situación do sector en Iberoamérica e as oportunidades de cooperación coa industria espacial española, e a posta en marcha dun espazo (New Space Startups) para empresas emerxentes que queiran presentarse e dar a coñecer os seus proxectos ante os principais actores do sector en España.
A ampla lista de relatoras inclúe a recoñecidos profesionais da industria espacial española, europea e latinoamericana, entre os que destacan Juan Carlos Cortés, novo director da Axencia Espacial Española; Teresa Riesgo, secretaria xeral de Innovación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Tecnoloxía; Emilio Vez, xefe da Sección de Política Industrial da Axencia Espacial Europea; Roberto Prieto-Cerdeira, responsable do proxecto LEO-PNT da Axencia Espacial Europea; ou o tenente coronel Juan Soriano Paradinas, do Mando do Espazo (MESPA), unidade de recente creación pertencente ao Exército do Aire e do Espazo.
new-space-espana-2-4.jpgNew Space España 2024 está organizado por Alén Space, empresa galega especializada no deseño, fabricación e operación de pequenos satélites, e conta co respaldo de patrocinadores como GMV, DHV Technology, Indra, UARX Space, ACORDE, Airbus, Deimos, Geosat, PLD Space, Satlantis, Startical, Telespazio, Alter Technology, Ansys, Arkadia Space, IENAI Space, Kreios Space, Rohde e Schwarz e Siemens, ademais do apoio de institucións públicas como a Xunta de Galicia, o Consorcio Zona Franca de Vigo e a Universidade de Vigo.
Desde a organización, Guillermo Lamelas, director executivo (CEO) de Alén Space, explica que “é un congreso moi pensado para xuntar ao sector, analizar en que punto estamos e extraer conclusións para ver cales son as mellores estratexias para acadar desde España unha posición de referencia neste novo mundo do espazo”.
Co lema O camiño cara ao liderado global, Lamelas engade que New Space España 2024 quere fomentar o desenvolvemento de iniciativas que permitan aproveitar as capacidades de España para ter un papel protagonista na industria global do sector New Space.
Guillermo Lamelas sinala que “o sector atópase en ebulición en todo o mundo. Cada vez máis empresas privadas están a acceder ao espazo para ofrecer novos servizos dun modo accesible e en España temos un ecosistema envexable para todos os países da nosa contorna”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?