Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae celebra en outubro a 14ª edición do seu curso de programación limpa con Clean Code Avanzado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae celebra en outubro a 14ª edición do seu curso de programación limpa con Clean Code Avanzado

S. P.
Publicado: 24/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

clean_code_vitae_3.jpgO programa formativo da consultora Vitae vén este outono con forza: cunha manchea de cursos novos e outros xa coñecidos e que levan anos sendo obxecto dunha importante demanda por parte dos profesionais das empresas innovadoras e tecnolóxicas. Entre estes últimos atópase o curso Clean Code Avanzado: crear e refacer aplicacións limpas que chega á súa decimocuarta edición este mes de outubro. A actividade formativa, de 12 horas de formación, celebrarase os días 21, 23, 28 e 30 de outubro.
O gran obxectivo é axudarnos a programar e facelo cos códigos e os patróns o máis clarificados posible. “Programar é expresar procesos con detalle nunha linguaxe non ambigua e escribir programas para ser lidos, entendidos e mellorados é unha difícil arte e unha obrigación ineludible, pero tamén constitúe unha ciencia que se pode aprender e practicar”, explican dende a consultora galega Vitae Consultores, engadindo que “as técnicas de código limpo axudan a escribir programas sinxelos de entender, que achegan valor e que poden evolucionar”.
clean_code_vitae_1.jpgTendo en conta isto, a finalidade concreta do curso é axudarnos desenvolver aplicacións doadas de manter, reducir a cantidade de erros e facilitar a súa detección, distinguir as boas e malas prácticas de programación e adoptar a disciplina profesional dun artesán do software.
O curso está dirixido a profesionais da programación en calquera linguaxe. Ten unha duración de 12 horas repartidas en 4 sesións de 3 horas, en formato virtual. Gravaranse as sesións para poder consultalas de forma ilimitada unha vez finalizado o curso.
clean_code_vitae_2.jpg A persoa encargada de impartir os contidos será Rolando Caldas, que ten máis de 20 anos de experiencia en postos de desenvolvemento de software. Ao mesmo tempo, formou a máis de 100 persoas en Código Limpo, Código Semántico, Arquitectura Hexagonal, CQRS, Docker, TypeScript, Git, TDD, PHP8 e Refactor. Ten unha longa experiencia en mentoring e no fomento das técnicas que axudan aos profesionais a acadar a excelencia no seu labor. Ademais, colaborou impartindo clases en diferentes mestrasdos da Universidade de Vigo ou no Mestrado de Produción e Xestión Audiovisual da Universidade da Coruña onda a Fundación Santiago Rey Fernández – Latorre. Membro fundador de Pulpo Con, que achega o movemento crafter e o clean code á comunidade de desenvolvedores de Galicia e a súa área de influencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?