Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Entra na recta final o prazo para inscribirnos no Tech Angels Capital do Clúster TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Entra na recta final o prazo para inscribirnos no Tech Angels Capital do Clúster TIC

S. P.
Publicado: 25/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tech_angels-2.jpgO luns 30 de setembro conclúe o prazo para inscribirse en Tech Angels Capital, o evento organizado polo Clúster TIC Galicia o 28 e 29 de outubro nas instalacións da Zona Franca de Vigo para conectar startups con investidores interesados en impulsar o crecemento destas compañías.
O encontro, que conta coa colaboración da axencia autonómica AMTEGA, o propio Consorcio da Zona Franca, o IGAPE e Node Hub, está aberto a todas aquelas empresas emerxentes con base en Galicia enfocadas no desenvolvemento, implementación ou aplicación de solucións tecnolóxicas innovadoras. As organizacións interesadas en participar teñen que enviar unha solicitude a través do formulario habilitado.
Tech Angels Capital tamén busca achegarse a investidores, business angels e fondos de investimento dispostos a colaborar cos proxectos presentados co obxectivo de transformar, mellorar e promover o crecemento das startups que os impulsan. Neste caso, as entidades que queiran asistir ao evento poden contactar co Clúster TIC Galicia en info@clusterticgalicia.com ou no 881 939 651.
O obxectivo é incentivar a cooperación e o crecemento do ecosistema emprendedor galego de base tecnolóxica, facilitando o seu acceso a recursos clave, novas oportunidades de mercado e ao financiamento que necesitan para escalar.
Foro TIC
O programa estrutúrase en dúas xornadas. O primeiro día, os investidores e as startups poderán entrar en contacto dunha maneira distendida, a través dun foro colaborativo onde se presentarán retos e propostas do panorama TIC local e internacional, así como de actividades gastronómicas e de lecer.
O segundo día celebraranse sesións pitching e encontros 1to1, deseñados para facilitar conexións estratéxicas e maximizar o valor de cada interacción, co obxectivo de crear sinerxías e establecer acordos de colaboración entre investidores e startups.
Análise das solicitudes
Un comité de expertos integrado por membros do Clúster TIC Galicia, a AMTEGA, o IGAPE e Node Hub será o encargado de analizar as solicitudes recibidas, seleccionando os proxectos máis prometedores, en base a criterios de innovación, viabilidade e potencial de crecemento. As startups escollidas recibirán asesoramento previo para presentar da forma máis efectiva a súa proposta no encontro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?