Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Lab Barbanza loce espírito innovador ante o alcalde de Boiro a deputada de Emprego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Lab Barbanza loce espírito innovador ante o alcalde de Boiro a deputada de Emprego

S. P.
Publicado: 25/09/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

visita_boiro_coworking01.jpgO alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e a deputada da área de Emprego da Deputación da Coruña, Rosa Ana García, visitaron na mañá deste 25 de setembro o espazo local de traballo colaborativo (coworking) Lab Barbanza, impulsado pola Administración boirense e integrado na Rede Provincial de Coworking. A visita tivo o obxectivo de coñecer os proxectos emprendedores que están a desenvolver a actividade no centro.
Durante a xornada visitaron as instalacións do Centro de Formación e Viveiro de Empresas, onde se alberga o espazo de coworking, un centro multidisciplinar no que se imparten formacións e outras actividades relacionadas co emprego e o emprendemento.
visita_boiro_coworking05.jpg “Buscamos que este centro sexa un lugar de referencia para o emprego e o emprendemento na comarca xa que temos as instalacións que nos permiten crear sinerxías entre formación e emprego”, afirmou o alcalde.
Na xuntanza tiveron oportunidade de coñecer algúns dos proxectos que están a desenvolver a súa actividade no Lab Barbanza e entre as que se atopan unha startup con enfoque tecnolóxico para a monitoraxe de datos; unha empresa que conecta a titulares de espazos publicitarios con empresas que buscan oportunidades para anunciarse; e un proxecto que busca dar unha solución e unha segunda vida ás algas converténdoas en extractos para o seu uso como bioestimulantes.
A deputada agradeceu ás empresas pola súa implicación nos proxectos que están a desenvolver: “Para nós é moi importante coñecer ás empresas que están nos centros da Rede Provincial e o traballo que levan a cabo así como fomentar posibles sinerxías entre as iniciativas dos distintos coworkers, que é un dos principais obxectivos da Rede”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?