Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentado en Valdeorras o proxecto ourensán para transformar o ciclo da auga: OU-Intelixente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentado en Valdeorras o proxecto ourensán para transformar o ciclo da auga: OU-Intelixente

S. P.
Publicado: 26/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ou_intelixente_aquaourense_240925_perte_web.jpgA delegación da Deputación de Ourense en Valdeorras, na Casa Grande de Viloira, acolleu este 25 de setembro unha xornada informativa arredor do proxecto OU-intelixente, presentado pola Deputación a través da empresa mixta AquaOurense (formada pola propia institución provincial e Viaqua) e cuxo obxectivo é dixitalizar a xestión do ciclo da auga nos concellos. Vén cun orzamento de 7,75 millóns e busca “aplicar as últimas tecnoloxías ao tratamento e control da auga”.
Na cita participaron o presidente provincial, Luis Menor, xunto co director da Área de Medio Ambiente da Deputación, Javier Bobe, así como Víctor Comesaña, xerente de AquaOurense, e Nicolás Esmorís, director de Viaqua. Tamén acudiron representantes municipais de A Rúa, A Veiga, O Barco, Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Bolo, Petín, Rubiá e Vilamartín, municipios que serán os primeiros dos 81 concellos da provincia en beneficiarse da instalación de telecontadores e a dixitalización dos sistemas de abastecemento e depuración.
A Deputación destina a este proxecto 5,73 millóns de euros, mentres que do resto do investimento farase cargo o Ministerio para a Transición Ecolóxica do Reto Demográfico (MITECO), dentro da primeira convocatoria específica dos Fondos Next Generation asociada ao PERTE de dixitalización da auga.
Na xornada xpuxéronse datos específicos sobre os traballos a realizar, que nesta caso alcanzarán preto de 3,3 millóns de euros. O proxecto inclúe subministración e instalación de 16.130 contadores domiciliarios con telelectura, que permitirán unha planificación e control máis exactos e, como consecuencia, un mellor servizo. Outro apartado deste proxecto é a dixitalización das instalacións de depuración, mediante equipos que permitan controlar en todo momento a cantidade e calidade dos vertidos. Este mesmo proceso realizarase para dixitalizar as instalacións e funcionamento do abastecemento de auga para consumo, así como redes de distribución do Consorcio de Valdeorras.
Os técnicos explicaron polo miúdo as características deste proxecto para dixitalizar o ciclo da auga nos municipios da provincia, con especial detalle nos nove concellos da comarca de Valdeorras. Citaron como obxectivos estratéxicos os seguintes: a automatización do ciclo da auga coa implantación da telelectura e telecontrol; a creación dun centro dixital para a xestión integral da operativa da auga; dotar aos concellos do rural de ferramentas dixitais; e a implantación dun hub tecnolóxico onde integrar datos e realizar predicións grazas ao Big Data (análise da información a gran escala) e a Intelixencia Artificial, “converténdoo nun lugar aberto á cidadanía e un espazo de co-creación co ecosistema emprendedor da provincia”, explicaron.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?