Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vigo acolle a VI edición das Xornadas Videoxogo e Literatura
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vigo acolle a VI edición das Xornadas Videoxogo e Literatura

S. P.
Publicado: 30/09/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

videoxogo_e_literatura_xornadas_carlos_casares.jpgA relación entre Literatura e Videoxogo farase realidade unha vez máis na sexta edición das Xornadas Videoxogo e Literatura, unha actividade anual da Fundación Carlos Casares, patrocinada polo Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra e mais a Consellería de Cultura da Xunta de Galician. Esta actividade nace coa vontade de ampliar o coñecemento público do sector e afondar nas perspectivas de crecemento , apuntando retos e desafíos dos e das súas profesionais.
Indo a esta sexta edición, sinalar que se desenvolverá do martes 8 ao xoves 10 de outubro no MARCO de Vigo (Edificio MARCO, rúa Príncipe, 54, Vigo- Galería A3) e desta volta atoparemos novos contidos para as mesas redondas e os faladoiros (tradución, creación de contidos, creación indie, mangas, proxectos educativos e formativos, etc.), unha masterclass sobre deseño de narrativas, experiencias profesionais, etc.
Indo ao evento, dicir que será presentado por Bruno Doiro, e entre os profesionais participantes estarán: Antonio Gil, Adrián Suárez, Ángel Luis Sucasas, Beatriz Legerén, Leticia Costas, Miguel Ángel Cajigal (El Barroquista), Lara Portela, Juan Luis Lorenzo, Carlos Rodas, Sara Romero, etc.
Engadir que este ano colaborará no encontro a Asociación RetroGalaicos, centrada na recuperación de hardware e videoxogos retro. Baixo o título BIT a BIT. A evolución dos videoxogos!, a entidade desenvolverá entre os días 8 e 12 de outubro unha exposición sobre videoxogos dos 8 aos 64 bits, as consolas que moldearon esas xeracións, e obradoiros para escolares e familiares o sábado, para achegarse á evolución do lecer interactivo dos videoxogos retro.
Informar que a entrada ás xornadas é de balde, sendo recomendable (en termos de aforo) que as persoas interesadas se apunten previamente na páxina web das xornadas. No caso dos obradoiros, debe contactarse co museo MARCO de Vigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?