Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: atlanTTic presenta os resultados do seu proxecto para a detección de deterioro cognitivo e depresión
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

atlanTTic presenta os resultados do seu proxecto para a detección de deterioro cognitivo e depresión

S. P.
Publicado: 30/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

atlanttic_presentacion_resultados_sapiens_uvigo.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, vén de presentar nunha xornada da asociación AFAGA Alhéimer as conclusións do seu proxecto Sapiens (Services & Applications for Healthy Ageing), unha proposta que tiña como obxectivo o deseño de ferramentas para a detección do deterioro cognitivo e a depresión mediante altofalantes intelixentes adestrados con Intelixencia Artificial (IA).
En canto ao evento, sinalar que está impulsado pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (AFAGA) e outras demencias de Galicia, buscaba visibilizar solucións e innovacións dixitais relacionadas coa prevención e a atención á lonxevidade nos que está implicada esta entidade. En concreto, ao abeiro do proxecto Sapiens deseñáronse varias ferramentas tecnolóxicas adestradas con Intelixencia Artificial (IA) e técnicas de Machine Learning, DigiMoca e DigiYesavage, asistentes conversacionais intelixentes tipo Alexa, cos que se realizaron estudos e cribados con persoas maiores e tests de validación da súa usabilidade cos propios usuarios. En total traballouse con 73 persoas maiores de 50 anos, entre eles, usuarios de AFAGA Alzhéimer.
Luís Anido Rifón, responsable do proxecto Sapiens (investigador de atlanTTic e catedrático da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación) e os investigadores Noelia Prieto e Moisés Pacheco, de atlanTTic, que foron os encargados de presentar as conclusións máis importantes dos estudos e cribados realizados con estas novas ferramentas tecnolóxicas, que xa foran avanzadas no campus no mes de maio. O equipo demostrou que os resultados obtidos polos test tradicionais e os dixitais eran semellantes e que o uso da IA elimina erros no diagnóstico, ao achegar novas variables, como os tempos de resposta ou as repeticións, que non se teñen en conta nos test tradicionais. Os resultados tamén amosaron unha boa aceptación destas ferramentas tecnolóxicas, tanto en usuarios como en profesionais.
Engadir que o proxecto estivo financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, coordinado por atlanTTic e contou coa participación da Universidade de Santiago de Compostela. Asemade, participaron 13 investigadores e investigadoras, que contaron coa colaboración de: AFAGA, o Centro de día Parque Castrelos, o Centro Veciñal e Cultural de Valladares e o Coro Sénior da UVigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?