Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula AMTIC de Ames ofrece cursos de alfabetización dixital nas parroquias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula AMTIC de Ames ofrece cursos de alfabetización dixital nas parroquias

S. P.
Publicado: 30/09/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

aula_amtic_2.jpgUn ano máis, a Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación pon en marcha unha serie de cursos de alfabetización informática para o rural, que se desenvolverán durante o último trimestre do ano. As formacións buscan achegar á veciñanza das parroquias ao desenvolvemento dixital.
O temario destes cursos abrangue a navegación por Internet (busca en liña e navegación segura), o uso do correo electrónico (creación de contas e envío de correos) a introdución a Windows, a utilización de Office en liña, o uso de imaxes, a impresión de documentos, a introdución á folla de cálculo (formato de celas e gráficos básicos) e o uso do teléfono intelixente (configuración e axustes iniciais, chamadas e mensaxes de texto, aplicacións de mensaxería, uso da cámara, agregar e eliminar contactos…).
As actividades van celebrarse nos locais sociais de Agrón, Trasmonte, Bugallido, Biduído, Augapesada, Covas, Tapia, Ameixenda e Ortoño. Os luns, o curso terá lugar en Agrón (de 16:15 a 18:15 horas) e en Trasmonte (de 19:00 a 21:00 horas). Os martes, será a quenda de Covas (tamén en horario de 16:15 a 18:15 horas) e de Biduído (de 19:00 a 21:00 horas). En Augapesada e Biduído a formación desenvolverase os mércores (de 16:00 a 18:00 e de 18:30 a 20:00 horas), respectivamente. O xoves as clases serán en Tapia (de 16:15 a 18:15 horas) e na Ameixenda (de 19:00 a 21:00 horas). Para rematar, os venres desenvolverase no centro social de Ortoño (de 17:00 a 19:00 horas).
Os/as interesados/as en anotarse poden facelo chamando ao teléfono 674 594 843. Requírese que os/as participantes conten con coñecementos básicos de informática.
Os cursos, que son gratuítos, darán comezo a semana do 21 de outubro, e terán unha duración de 25 horas en total. Hai prazas limitadas, e a cota máxima por cada grupo será de 12 alumnos/as.
Programación da Aula AMTIC
cartel_rural_ames.jpg Paralelamente, a Aula AMTIC impartirá durante os meses de outubro, novembro e decembro catro cursos máis de xeito presencial nas instalacións da aula na Casa da Cultura do Milladoiro.
Do 9 de outubro ao 21 de novembro impartirase un curso de iniciación á informática para adultos que está dirixido a persoas maiores de 18 anos. Desenvolverase os mércores e xoves de 10:00 a 12:00. Tamén en outubro se ofrecen dous cursos para menores de 18 anos: un curso de informática para nenos/as (do 10 de outubro ao 12 de decembro), destinado a rapaces e rapazas de entre 7 e 10 anos; e un de mecanografía para menores de 10 anos (do 11 de outubro ao 13 de decembro). Estes cursos realizaranse en quenda de tarde, os xoves e venres de 17:15 a 18:45 horas.
No mes de novembro haberá unha nova acción formativa para adultos. Do 27 de novembro ao 5 de decembro impartirase o obradoiro de Administración Electrónica. Será os mércores e xoves de 10:00 a 12:00 horas. Ofértanse 12 prazas.
Para o mes de decembro hai programado un último curso sobre compras seguras en Internet para maiores de 18 anos, que se vai impartir do 11 ao 18 de decembro, de 10:00 a 12:00 horas.
Por outra banda, co inicio do ano escolar, a AMTEGA vén de convocar novas prazas para a obtención da nova Certificación Galega de Competencias Dixitais (COMDIX). Deste xeito, abríronse as convocatorias de dúas edicións do nivel de iniciación:
-Outubro: inscricións abertas ata o 18 de setembro.
-Novembro: inscricións abertas ata o 18 de outubro.
Para complementalo e facer máis accesible a formación, a Aula AMTIC vai realizar un curso presencial previo a cada convocatoria: un do 9 ao 16 de outubro, e outro do 6 ao 13 de novembro. Ambos cursos serán os mércores, de 17:15 a 18:45 horas.
As inscricións para estes cursos poden realizarse na Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, sitiada na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de Aula Aberta: de luns a venres de 10:00 a 12:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas (agás nas horas de formacións), enviando a ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@gmail.com, ou chamando ao teléfono 674 594 843, en horario de luns a venres de 9:30 a 14:00 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?