Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega ANFAIA, a asociación galega que busca a parte máis social e responsable da IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega ANFAIA, a asociación galega que busca a parte máis social e responsable da IA

S. P.
Publicado: 01/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

anfaia_web_ia_galicia.jpgAxudar a profesionais e estudantes galegos a introducirse no eido da investigación para o desenvolvemento de novas ferramentas de Intelixencia Artificial (IA) é a misión da Asociación Nacional Faro para a Aceleración da Intelixencia Artificial (ANFAIA). Esta asociación, cun enfoque da IA máis social e responsable, chega a Galicia para “fomentar a investigación interdisciplinaria e a creación de aplicacións de vangarda que combinen as IA coas humanidades, as artes, a robótica e as ciencias da saúde, co fin de promover a innovación, mellorar a calidade de vida e enriquecer a experiencia humana e a súa interacción tecnolóxica”.
ANFAIA créase na contorna de A Coruña, cidade que dá acubillo a axencia que debe impulsar a comunidade europea da IA co desenvolvemento sustentable desta tecnoloxía.
Detrás de ANFAIA atópase Ismael Faro Sertage, investigador e directivo en organizacións como IBM e que desempeña a súa actividade desde Estados Unidos. A súa importancia reside na diversidade de áreas que se van a apoiar, desde a IA e a robótica ata a IA e a saúde, a cultura, a sustentabilidade ambiental e a interacción humano máquina… Aínda que de ámbito global, contará cunha liña de traballo que a fixa á terra dos seus fundadores, para achegar e facer accesible á sociedade recursos e documentación en galego, contribuíndo á preservación do patrimonio histórico artístico. Para iso, a asociación promoverá a colaboración entre expertos en IA, artistas, humanistas, enxeñeiros robóticos e profesionais da saúde e ambientalistas para que aborden unha gran variedade de desafíos complexos que ata agora non se realizaron. É o caso da investigación e o desenvolvemento de sistemas de IA que poidan mellorar a preservación, interpretación e difusión do patrimonio cultural, ademais da exploración do uso da IA e a robótica na creación artística, a expresión cultural e o deseño de experiencias inmersivas. Así como tamén, o estudo das implicacións éticas, legais e sociais do uso da IA nos ámbitos culturais, artísticos e da saúde, e o fomento da educación e a concienciación pública sobre o potencial e os desafíos da IA nestes eidos.
Dentro destes ámbitos, vanse levar a cabo varias áreas de investigación tanto humanísticas como sociais de xeito responsable e centradas no beneficio social: o patrimonio cultural dixital e a realidade aumentada/virtual no seu conxunto; a creatividade computacional e a xeración de arte con IA; a robótica social e de servizos para museos, eventos culturais e atención médica; o procesamento da linguaxe natural para a análise de textos históricos e literarios; a visión artificial aplicada a diagnósticos médicos e a conservación de obras de arte; as interfaces cerebro-computadora para experiencias artísticas e terapias de rehabilitación; e a ética e impacto social da IA na cultura e a saúde.
ANFAIA marca a diferenza coas outras asociacións porque o seu labor non se centra só en impulsar a innovación, senón tamén en mellorar a calidade de vida e enriquecer a experiencia humana a través de novas ferramentas de Intelixencia Artificial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?