Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nova entrega de portal Proxector homenaxea ao matemático José Rodríguez González
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nova entrega de portal Proxector homenaxea ao matemático José Rodríguez González

S. P.
Publicado: 01/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

proxector_trigonometria.jpgTrigonometría: medindo o mundo con ángulos é o título da nova entrega do portal Proxector, espazo de divulgación científica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) que recompila material audiovisual para a docencia. O protagonista desta edición é o matemático José Rodríguez González (Lalín, 1770 – Santiago de Compostela, 1824) ao ser a figura homenaxeada do Día da Ciencia en Galicia deste 2024.
Ao fío desta celebración, o CCG, a USC e a Real Academia Galega de Ciencias presentarán este xoves 3 de outubro (12:00 horas) en Santiago o libro José Rodríguez González (1770-1824). Un matemático sublime.
No especial ofrecido polo CCG pódense ver diversos materiais, entre os que se atopa un vídeo de introdución á trigonometría ou unha peza arredor dos usos das matemáticas na nosa vida cotiá. Tamén se poden ver dúas pezas de Xavier Pérez Couto, o divulgador AstroXabi: unha sobre conceptos básicos de astronomía e outra que ensina a calcular a latitude dun determinado lugar a partir das estrelas.
Nesta entrega tamén se recolle un vídeo que relata como é posible calcular o tamaño da terra co mesmo método que usou o grego Eratóstenes no ano 200 a.C. e outro sobre as medicións da liña costeira e as dificultades coas que se topan os cartógrafos no seu desempeño. As inquedanzas non rematan na Terra, xa que unha das pílulas audiovisuais conta a razón de que os científicos apunten cun láser medidor cada certo tempo á Lúa.
Outro dos vídeos aborda a distancia e nel formúlase a pregunta de cal ten que ser a distancia á que hai que situar unha persoa para que o ángulo de visión dunha estatua sexa máximo. Un problema enunciado polo matemático alemán Johann Müller Regiomontano, considerado, ademais, o creador da trigonometría. O científico, profesor da USC e divulgador Jorge Mira tamén ten o seu oco neste especial, neste caso coa explicación da pregunta “a que altura está o ceo?”
Sobre o matemático Rodríguez
O Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega de Ciencias e a Universidade de Santiago de Compostela presentan este xoves o libro José Rodríguez González (1770-1824). Un matemático sublime, ás 12:00 h, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da USC. Non é o único recurso que se pode atopar sobre o matemático, xa que a súa entrada tamén figura no Álbum de Galicia, escrita por Margarita Barral.
Un apoio audiovisual ao ensino en galego
Proxector: audiovisuais en galego para a docencia é un sitio web centrado en ofrecer de “maneira atractiva e en lingua galega” diversos materiais audiovisuais para o seu uso nas aulas de bacharelato e dos cursos universitarios.
O proxecto orixinal foi deseñado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC e comezou no ano 2015 dentro do portal educativo Didactalia. No 2018 o CCG, a través do CDSG, entrou na iniciativa para participar na comunicación e na edición dos contidos. Ademais, en virtude das competencias que lle son propias no coidado e difusión do idioma galego, o CCG pretende asumir a custodia destes materiais, ofrecidos a toda a sociedade nunha web dedicada a ese fin.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?