Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC recoñece a traxectoria de cinco científicos galegos da USC, a UVigo e o CSIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC recoñece a traxectoria de cinco científicos galegos da USC, a UVigo e o CSIC

S. P.
Publicado: 02/10/2024
9 Min de Lectura
Compartir
9 Min de Lectura

medallas_ragc.jpgA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) recoñece coas Medallas de Investigación a cinco científicos galegos en activo das universidades de Santiago de Compostela (USC), Vigo (UVigo) e do CSIC. Esta distinción, que cumpre a súa sexta edición, valora as traxectorias singulares e consolidadas en investigación, desenvolvidas en Galicia, ademais de “fomentar a promoción da ciencia e a tecnoloxía galegas para tratar de difundir á sociedade o aprecio polos valores científicos”. A entrega das medallas será lugar no acto académico de celebración do Día da Ciencia en Galicia, o vindeiro 8 de outubro no Paraninfo da USC, en Santiago. Alí recibirán cadansúa medalla Antonio Figueras, Santiago Lago, Pedro Arias, Alberto Bugarín e Diego Peña.
Antonio Figueras, premiado en Bioloxía e Ciencias da Saúde

Antonio Figueras
Antonio Figueras
Antonio Figueras Huerta (Vigo, 1957) recibe a medalla Ángeles Alvariño González da sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde da RAGC. É investigador do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, con sede en Vigo, onde dirixe o grupo de Inmunoloxía e Xenómica. Segundo explica a RAGC, “é un referente internacional en patoloxía de organismos mariños, especialmente moluscos”. A súa experiencia en estudos xenómicos, bioinformáticos e de secuenciación masiva permitiulle ampliar a súa investigación a moitos eidos da bioloxía mariña e conseguir fitos moi relevantes como o secuenciado do xenoma completo do rodaballo e do mexillón, importantes especies para a acuicultura galega e española. Na actualidade dirixe o Laboratorio Nacional de Referencia de Enfermedades de Moluscos e a Asociación Europea de Patólogos de Peixes.
“Estou moi agradecido á Real Academia Galega de Ciencias por esta Medalla, para min é unha verdadeira honra. Este recoñecemento motívanos a seguir investigando con paixón no eido da acuicultura e en proxectos tan interesantes como o xenoma do mexillón. Quero dar as grazas á RAGC por impulsar a ciencia mariña e por destacar a importancia de coidar os nosos mares” -manifesta o investigador-.
Santiago Lago, premiado en Ciencias Económicas e Sociais
Santiago Lago
Santiago Lago
A medalla Domingo García-Sabell Rivas, da sección de Ciencias Económicas e Sociais, destaca a traxectoria do economista Santiago Lago Peñas (Vigo, 1971), catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago. É un referente internacional no ámbito do federalismo fiscal e a descentralización. Traballou como asesor para organismos internacionais como o Banco Mundial, a OCDE ou o Banco Interamericano de Desenvolvemento; e participou no deseño de políticas públicas en España e Galicia. Tamén formou parte dos equipos redactores dos últimos Libros Blancos do Goberno de España nos ámbitos do financiamento autonómico e reforma fiscal. Participou en comisións parlamentarias autonómicas e nacionais, ao tempo que asesorou a distintos gobernos sobre a implantación de políticas fiscais e económicas. En 2010 fundou o Foro Económico de Galicia, unha plataforma que fomenta o diálogo entre o sector empresarial, o académico e o político. Está considerado un dos economistas máis influentes de España no ámbito da economía pública.
“Síntome moi honrado e moi feliz, sobre todo polo que supón de recoñecemento da orientación do meu traballo de investigación dende hai tempo, no que sempre tento combinar a análise rigorosa e cuantitativa coa selección de asuntos de política pública relevantes para a contorna galega, española e mesmo europea”, salientou.
Pedro Arias, recoñecido nas Ciencias Técnicas
pedro_arias.jpg Pedro Arias Sánchez (Lugo, 1965), catedrático de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, e investigador principal do grupo de investigación Xeotecnoloxías Aplicadas da Universidade de Vigo, foi o elixido pola sección de Ciencias Técnicas para recibir a medalla Isidro Parga Pondal. A RAGC destaca o seu brillante labor investigador, ao afondar nos aspectos científicos que presentan as xeotecnoloxías, en particular a xeointelixencia, campo que combina as técnicas e ferramentas relacionadas coa Intelixencia Artificial coa información xeoespacial. Tamén se valorou que aplica métodos e solucións en tempo real, enfocados á toma de decisións fronte a problemas de relevancia no ámbito social, empresarial e tecnolóxico relacionados coa elaboración de cartografías, xeolocalización e xestión de xeodatos masivos.
“Recibir a Medalla de Investigación en Ciencias Técnicas é un privilexio e supón un recoñecemento por parte da RAGC, polo que estou moi agradecido. Este premio non só recoñece os meus esforzos, senón tamén o apoio da miña familia e a dedicación do meu equipo e de todas as persoas que me teñen apoiado o longo deste camiño”, comentou o investigador respecto da distinción.
Alberto Bugarín, medalla de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación
alberto_bugarin-2.jpg A medalla Enrique Vidal Abascal, da sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación, corresponde ao catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade de Santiago Alberto Bugarín Diz (Caracas, 1967). É investigador do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da USC, onde coordina o Grupo de Sistemas Intelixentes, recoñecido como grupo de referencia competitiva da Xunta de Galicia. A súa investigación céntrase en diferentes áreas da Intelixencia Artificial e as súas aplicacións, como a xeración de linguaxe natural, a Intelixencia Artificial fiable, a computación flexible, a aprendizaxe automática e a representación do coñecemento e razoamento aproximados. É coautor de máis de 200 traballos científicos nestes temas e participou en máis de 60 proxectos de I+D e contratos de innovación e transferencia. Ademais, coordina o Grao en Intelixencia Artificial, impartido conxuntamente polas tres universidades galegas. É vogal da Asociación Española para la Inteligencia Artificial e secretario da Sociedad Española para el Procesamiento del Lenguaje Natural.
“É unha gran honra recibir esta medalla, que lle agradezo enormemente aos académicos e académicas da RAGC. Para min non é un recoñecemento individual, senón colectivo ao bo traballo feito polas investigadoras e investigadores do Grupo de Sistemas Intelixentes do CiTIUS da USC nos 35 anos que estamos a piques de cumprir. Esta medalla é tan deles e delas coma miña, e quero agradecerlles o seu esforzo por investigar a un moi alto nivel internacional e por crear aplicacións de grande impacto, que son unha magnífica mostra da elevada calidade da intelixencia artificial que desenvolvemos desde Galicia”, destacou.
Diego Peña, medalla na sección de Química e Xeoloxía
diego_pena.jpg O catedrático Diego Peña Gil (Santiago de Compostela, 1974), investigador do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da Universidade de Santiago (CiQUS), recibe a medalla Antonio Casares Rodríguez, da sección de Química e Xeoloxía, pola súa gran traxectoria científica. É un investigador cun gran recoñecemento internacional, que abriu unha nova área de investigación en Química Orgánica, tratando de resolver problemas químicos mediante a combinación da química e a ciencia de superficies, que leva á manipulación de moléculas individuais. Os seus traballos, realizados en colaboración con físicos de distintos países, publicáronse en revistas de alto impacto como Science ou Nature, e abriron novos eidos de investigación na fronteira entre a química e a física. Tal como resalta a Academia, “trátase, sen dúbida, dun dos investigadores con maior proxección en Galicia no estudo da Química”.
“Síntome moi ditoso pola concesión da Medalla da RAGC, que ademais leva o nome dun dos meus ídolos científicos, pioneiro da investigación en Galicia e referente para os químicos galegos, o profesor Antonio Casares. Moi agradecido aos académicos e académicas por considerarme merecedor desta distinción, que en realidade premia o traballo de todo un grupo de investigación e colaboradores”, manifestou.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?