Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ciencia e tecnoloxía uníronse na G-Night 2024 da man do CITIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ciencia e tecnoloxía uníronse na G-Night 2024 da man do CITIC

S. P.
Publicado: 02/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

citic_gnight_6.jpgCoñecer en primeira persoa os avances científicos e os temas tecnolóxicos de relevancia actual e máis recentes foi o que puideron facer os asistentes á G-Night 2024, unha xornada adicada é divulgación científica que se celebrou o pasado venres 27 de setembro e na que participou activamente o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña.
Parte das actividades da G-Night 2024 leváronse a cabo nas instalacións do CITIC e contaron cun programa amplo e dirixido a un público de todas as idades, comezou coa visita dun grupo de estudantes de 2º de Bacharelato do IES Rego de Trabe de Culleredo que participaron na IV edición de Talentos Inclusivos. Os mozos e mozas gozaron dunha conferencia impartida pola investigadora do CITIC, Susana Ladra González, titulada: Pegadas dixitais musicais: como se representan e buscan cancións na internet, onde se explicou o fascinante proceso detrás da identificación de cancións empregando tecnoloxía dixital.
citic_gnight4.jpgLogo, o alumnado participou nunha visita guiada polos laboratorios do CITIC, onde tiveron a oportunidade de coñecer os innovadores proxectos de investigación que se desenvolven en áreas como a Intelixencia Artificial (IA), o Big data e a computación de alto rendemento. A experiencia permitiulles interactuar con investigadores e explorar as múltiples aplicacións da tecnoloxía na sociedade actual.
Ao mesmo tempo, o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) foi outro dos escenarios clave da G-Night 2024, acollendo charlas e obradoiros dirixidos tanto a adultos como á cativada. As conferencias científicas foron impartidas polos investigadores do CITIC Patricia Faraldo Cabana, José Ramón Paramá Gabía, Margarita María Alonso Ramos, Basilio Bernardo Fraguela Rodríguez e Carlos José Escudero Cascón, e nelas abordáronse temas como o recoñecemento facial e a IA aplicada á Lingüística, os retos computacionales na análise do xenoma e a historia dos sistemas de posicionamento.
Os obradoiros TuTIC, para nenas e nenos de entre 8 e 12 anos, tamén tiveron unha gran acollida. Os pequenos participantes puideron aprender sobre electromagnetismo, circuítos eléctricos e programación, guiados polos investigadores Adriana Dapena Janeiro, Paula M. Castro Castro, Óscar Fresnedo Arias, Jonatan Enes Álvarez, José Manuel Andión Fernández e Francisco Laport López.
citic_gnight_5.jpgNa sede de Afundación de Santiago de Compostela, o investigador Xabier Pérez deu unha charla sobre o histórico proceso de medición que estableceu o metro como unidade de lonxitude, subliñando a participación dun científico galego clave nesta expedición. Doutra banda, no bar Árnica da Coruña, Miguel Anxo Pérez Vila falou sobre o impacto das redes sociais na saúde mental, analizando como estas plataformas poden axudar a detectar síntomas depresivos mediante tecnoloxías avanzadas de procesamento da linguaxe natural. A actividade contou tamén coa intervención de Paloma Piot Pérez-Abadín e Laura Hermo, que falaron do discurso de odio en redes e o impacto psicolóxico nos mozos.
Para rematar, no bar A Olímpica, o investigador do CITIC José A. Iglesias-Guitián, impartiu a sesión Dos cinemas ás consultas: como a tecnoloxía dos efectos visuais pode impulsar a visualización médica avanzada, na que presentou un exemplo de transferencia de tecnoloxía que naceu no campo dos efectos especiais e do cinema de animación para a visualización científica ou médica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?