Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Oficina Next e a Rede de Coworking da Deputación da Coruña, exemplos de boas prácticas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Oficina Next e a Rede de Coworking da Deputación da Coruña, exemplos de boas prácticas

S. P.
Publicado: 02/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

oficina_next_.jpgO municipio San Pedro de Pinatar, na rexión de Murcia, acolleu nos últimos días o II Foro Nacional de Axentes de Desenvolvemento Local, que reuniu a especialistas de todo o Estado español para abordar temas clave como as políticas para enfrontar o despoboamento do rural, potenciar a transformación dixital e a economía circular. Neste foro nacional, a Oficina Next Deputación A Coruña foi seleccionada como unha das iniciativas de referencia a nivel estatal e o seu funcionamento explicouse con detalle durante a mesa redonda Fixando Talento. Iniciativas que funcionan.
A mesa foi moderada por Fulgencio Luis Cerón Moura, axente de desenvolvemento local da cidade Cartaxena e contou coas intervencións de Belén Ferrer Calvo, responsable de sector público en LHHSpain en Madrid, Fidel García Meseguer, xefe de sección de Desenvolvemento Rural e Despoboamento da Deputación de Valencia, e Raquel Piñeiro López, técnica de Proxectos en Tragsatec que desenvolve o seu traballo na Oficina Next da Capela.
A Oficina Next Deputación A Coruña
A intervención da técnica da Oficina Next da entidade provincial consistiu en explicar a importancia de implementar políticas públicas centradas no reto demográfico dende unha perspectiva integral e estratéxica, explicando o caso real da descentralización de servizos cara o rural que levou a cabo a Deputación da Coruña con esta iniciativa, pioneira en toda España no seu día, e que supuxo pór a disposición dos concellos os medios técnicos e humanos necesarios para facilitarlles o acceso fondos europeos para financiar os seus proxectos e a súa posterior xestión. Aínda que a Oficina Next dá servizo aos 93 concellos da provincia, centra especialmente a súa actividade nos concellos máis pequenos e de carácter rural, que son os que menos recursos teñen para acceder a este financiamento e aproveitar os recursos que a UE dota para dinamizar o rural.
A Rede Provincial de Coworking
No foro xurdiron tamén cuestións sobre o fomento do emprendemento na provincia por parte da Deputación da Coruña e a identificación de iniciativas innovadoras relacionadas coa fixación de poboación e a retención e fomento do talento que supón a Rede Provincial de Coworking da Deputación A Coruña.
O interese xerado sobre a Rede derivou en que varios concellos da rexión de Murcia amosáronse interesados en replicar os centros de transformación agroalimentaria como o de Transformando en Brión e A Funquenlla (Moeche), así como iniciativas similares ao centro de emprendemento A Estación do Concello de Vedra.
Paralelamente á mesa do Foro tamén se organizou un programa de radio e realizáronse entrevistas a todas as persoas participantes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?