Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pintos & Salgado alerta do incremento dos roubos de datos en móbiles: o bluesnarfing
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pintos & Salgado alerta do incremento dos roubos de datos en móbiles: o bluesnarfing

S. P.
Publicado: 03/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

2024-noelia_montero-pintos_y_salgado-1.jpgO bufete galego Pintos & Salgado, especializado en dereito tecnolóxico, vén de alertar dun importante incremente das tentativas de bluesnarfing, unha práctica de hackeo da que tamén advirten a Policía Nacional e máis a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) e que consiste en roubar datos persoais dos nosos dispositivos móbiles.
En palabras de Noelia Montero, avogada especialista en protección de datos do bufete coruñés, é crucial ante este tipo de ameazas que velemos por unha boa xestión dos axustes dos nosos dispositivos, xa que “os hackers tenden a aproveitarse do hábito cada vez máis común de moitos usuarios de manter sempre activo o Bluetooth”.
Con isto, engade a avogada, “logran extraer a través desta función activada contidos sensibles ou datos persoais: contrasinais, datos bancarios ou calquera outro dato que lles permita suplantar a identidade do suxeito”.
O propio concepto alude ao modus operandi dos ciberdelincuentes: é a unión de Bluetooth e snarf, que alude a “coller algo sen permiso” na súa definición inglesa.
Noelia Montero engade que “débense cumprir dúas condicións para que un hacker poida utilizar a técnica do bluesnarfing; a primeira é que o Bluetooth estea habilitado, e a segunda é que o usuario se localice a menos de 15 metros”. Utilizando un software específico, os ciberdelincuentes son quen de emparellarse ao noso terminal móbil sen que nos decatemos e sen pedir unha autorización expresa para acceder á nosa información”.
mobil_imaxe_de_arquivo-autoria_de-william-hook.jpgEn última instancia, toda tecnoloxía que permita o intercambio de arquivos vía Bluetooth, incluídas as tableta e computadores portátiles, pode verse afectada polo bluesnarfing.
Da man da divulgación do concepto, tamén desde o despacho de avogados quixeron proporcionar unha batería de consellos que calquera usuario pode aplicar no seu día a día. “Protexernos desta ciberestafa vaise fundamentar sempre nun principio básico que debe converterse aos poucos nun hábito da nosa vida dixital: desconectar o Bluetooth sempre que deixemos de utilizalo”, salienta Noelia Montero.
Tamén recomenda “evitar compartir arquivos a través de Bluetooth en redes Wi-Fi públicas, ao ser espazos onde se aglutinan bastantes dispositivos, e actualizar decote o sistema operativo dos nosos terminais, para garantir melloras nos parches de seguridade e a corrección de certas vulnerabilidades”.
Por último, “é fundamental que nos afagamos a cambiar os nosos códigos PIN e contrasinais con periodicidade, unha acción que nos serve en realidade non só para protexernos do bluesnarfing, senón para gañar en ciberseguridade dentro da nosa cotiandade dixital”, conclúe a avogada especialista en protección de datos.
Combater a preguiza e tomar consciencia do que facemos na nosa contorna dixital volven ser os puntos clave para navegar mellor e con máis seguridade, sobre todo cando están en xogo contidos sensible e o gran volume de información persoal que gardamos nos nosos teléfonos móbiles, sinala.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?