Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O programa Navega con rumbo do CPEIG recoñecido polo seu valor social e divulgativo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O programa Navega con rumbo do CPEIG recoñecido polo seu valor social e divulgativo

S. P.
Publicado: 03/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fernando_suarez_na_sua_intervencion.jpgOs Premios a la Innovación Digital 2024 (2024 PID), do xornal El Norte de Castilla outorgaban o galardón á mellor iniciativa social dixital de axuda ao cidadán onte (mércores, 2 de outubro) ao presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez, polo seu programa Navega con rumbo polo ciberespazo. O premio foi entregado nun acto celebrado en Valladolid da man do director xeral de Telecomunicacións e Administración Dixital da Consejería de Movilidad y Transformación Digital da Junta de Castilla y León, Antonio Ibáñez Pascual.
entre_do_premio_fernando_suarez_e_antonio_ibanez_pascual_.jpgFernando Suárez agradeceu o recoñecemento ao programa Navega con rumbo polo ciberespazo, posto en marcha coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia fai máis de 15 anos. “Gañar este premio é un recoñecemento ao esforzo do CPEIG, dos seus colexiados e ao apoio das institucións, ademais de ser todo un orgullo que se nos recoñeza ao lado das nosas fronteiras por un traballo ben feito”, apuntou. O presidente do CPEIG explicou que a innovación non é só tecnoloxía, non é só cambiar procesos ou produtos, senón que depende sobre todo das persoas que están no centro deste cambio e, polo tanto, apuntou que “temos que cultivar, fomentar, atraer e reter o talento que tanto hai en Galicia” e que é a base desta innovación e deste proceso tecnolóxico. Navega con rumbo é o programa máis ilusionante que impulsamos desde o CPEIG, levado a máis de 250 centros educativos todos os anos para que toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias) saiba as vantaxes que ten internet e tamén os seus riscos e como afrontalos e minimizar o seu impacto. Con este programa poñemos o noso gran de area para que os nenos e nenas sexan máis autónomos no ámbito dixital e poidan sacar o máximo rendemento á tecnoloxía”, manifestou.
Estes premios, que coinciden coa celebración do 170 aniversario de El Norte de Castilla, contan co apoio institucional da Junta de Castilla y León e Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE), o patrocino de Iberdrola e a colaboración del Colegio Profesional de Ingenieros en Informática de Castilla y León.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?