
Entre os temas que serán obxecto de análise atópanse o envellecemento e as novas tecnoloxías; cambios, comunicación e riscos na sociedade dixital; ou un obradoiro sobre discriminación dixital. Xa en quenda de tarde, desenvolveranse mesas sobre traballo e mundo dixital e verbo a mocidade investigadora na sociedade dixital.
Tal e como destaca Bran Barral, “o evento centrarase na sociedade dixital e os diferentes ámbitos afectados coas súas particularidades”.
Ademais de profesorado da USC, interveñen docentes da Universidade de Murcia, integrados na rede EUniWell, a Universidade Europea do Benestar, unha das Alianzas Universitarias Europeas, seleccionada para recibir financiamento da Comisión Europea no marco do programa ERASMUS+. A xornada tamén conta con docentes da UVigo e da UDC, xunto con persoas do terceiro sector e persoal investigador emerxente.
Ciencias Políticas da USC afronta nunha xornada os desafíos da sociedade ante o mundo dixital
Compartir Este Artigo

