Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta comeza en Vilarmaior o seu proxecto de optimización da rede de augas mediante novas tecnoloxías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta comeza en Vilarmaior o seu proxecto de optimización da rede de augas mediante novas tecnoloxías

S. P.
Publicado: 04/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

angeles_vazquez_auga_241001_avm_vilarmaior_1.jpgEste 1 de outubro a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitaba o concello coruñés de Vilarmaior, un dos escollidos para participar nunha iniciativa pioneira que ven de seleccionar a 27 concellos galegos de menos de 20.000 habitantes para comezar a traballar co obxectivo de optimizar o funcionamento dos seus sistemas de abastecemento en alta a través da aplicación e do aproveitamento das novas tecnoloxías.
Detrás desta proposta, convocada a finais do mes de xuño, atópase a Xunta, a través do organismo hidráulico Augas de Galicia.
Cómpre sinalar que este procedemento foi adxudicado hai uns días por un importe de 5,3 millóns de euros (contía cofinanciada con fondos europeos a través do programa NextGenerationUE), a primeira fase do novo Plan de dixitalización do ciclo integral da auga comezará a executarse este mesmo outono co obxectivo de que todas as actuacións incluídas no contrato estean rematadas e operativas en xuño do ano 2026.
A salientar entre as accións previstas están a posta en marcha dunha Rede autonómica de estacións dixitais de medición e rexistro que permitirá a monitorización dos sistemas de abastecemento de auga potable en alta dos concellos. A previsión é chegar a 440 estacións repartidas por toda a Comunidade para rexistrar en tempo real os parámetros máis relevantes para a prestación do servizo, mellorando así o coñecemento que se ten sobre o uso e o aproveitamento dos recursos hídricos.
Engadir que toda esta información será dirixida a través dunha aplicación informática (os centros de xestión de datos locais) que se porá á disposición de cada concello participante para xestionar os datos das estacións e á vez, levar a cabo un control remoto e a visualización en tempo real da evolución de distintos parámetros, polo que se converterá nunha ferramenta moi útil para os xestores municipais deste servizo.
Asemade, os traballos completaranse cunha nova plataforma de xestión de datos a nivel autonómico para acadar a máxima calidade das augas e permitirán replicar en infraestruturas hidráulicas municipais o mesmo modelo dixitalizado que xa funciona en practicamente todas as estacións depuradoras que xestiona de xeito directo a Xunta.
Segundo Ángeles Vázquez a intención desta proposta é a dixitalización total das redes e a axuda aos concellos con menos recursos, de aí a escolla de priorizar aos concellos con menos de 20.000 habitantes. Neste senso, aos 27 municipios participantes nesta primeira fase (17 deles coruñeses, 4 ourensáns, 3 de Lugo e 3 de Pontevedra), explicou que se agarda que se poidan unir paseniño moitos máis, así como estender “esta nova etapa de dixitalización” tamén ás redes de saneamento e depuración de augas residuais municipais.
Para rematar, a conselleira fixo un recoñecemento especial ao compromiso amosado polo alcalde de Vilarmaior, Carlos Vázquez, coa mellora dos servizos relacionados coa xestión da auga. Un traballo que, explicou, tamén se reflicte nas axudas concedidas nos últimos anos a este municipio coruñés, que recibiu unha media de 85,5 euros por habitante desde 2021 a través das diferentes liñas de subvencións convocadas por Augas de Galicia en materia de abastecemento e saneamento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?