Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG pon na Rede un documental sobre a historia da recuperación da zanfona
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG pon na Rede un documental sobre a historia da recuperación da zanfona

S. P.
Publicado: 04/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

zanfona_lucianofernandez_mariaxoseporteiro.jpgA zanfona, un dos instrumentos icónicos da recuperación da música tradicional e símbolo identitario que nos conecta co período medieval, centra o documental Na procura do son perdido. A zanfona, memoria da Transición, o novo proxecto audiovisual promovido polo Consello da Cultura Galega (CCG) que se presentou este xoves 3 de outubro no Museo de Belas Artes da Coruña.
A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e a directora do museo, Ángeles Pena Truque, deron conta deste traballo xunto co seu director, Ramón Pinheiro e dous dos protagonistas, Miro Casabella e Pablo Quintana. O documental realizado pola aCentral Folque e a produtora audiovisual Aqueladas xa se pode ver na web do CCG e máis no Youtube.
zanfona_antoncorral-mariaxoseporteiro.jpg“A día de hoxe a zanfona está a vivir unha pequena era dourada, tanto na construción, como na interpretación como no ensino, e que xorde das décadas dos sesenta e setenta cando se producen unhas pequenas grandes revolucións, das que dalgunha maneira continuamos a beber” apuntou na presentación o director do documental, Ramón Pinheiro, engadindo que o audiovisual está conducido pola xornalista e escritora María Xosé Porteiro e que reúne en 72 minutos os testemuños dunha decena de persoas que estudaron ou protagonizaron o rexurdir da zanfona nesas décadas.
Antón Corral, Miro Casabella, Carlos Villanueva, Xosé L. Rivas Cruz “Mini” (Fuxan os ventos), Pablo Quintana, Luciano Pérez (Obradoiro da Deputación de Lugo) ou Emilio Cao son algúns dos protagonistas que ofrecen o seu testemuño neste documental xunto cos membros do pioneiro grupo didáctico de Zanfonas da Escola de Gaitas de Ortigueira: María del Mar Fernández Polo, Marta Pérez Ojea e Vicente Bermúdez Garrote.
zanfona_mini-mariaxosepoteiro.jpgO audiovisual inclúe imaxes da época cedidas polos propios protagonistas, arquivos particulares e públicos, algunhas inéditas que ven a luz por primeira vez. Xosé L. Rivas Cruz “Mini” explica no documental que “a zanfona era un son familiar, noso, que nos transportaba a unha cosmovisión pero que non coñecíamos moi ben”. Canda el, Pablo Quintana ou Miro Casabella achegaron a visión dos músicos que se fascinaron por ese instrumento. Por outra banda, Antón Corral explica como foi o proceso de reconstrucións do instrumento “partiamos das gaitas que gardara Faustino Santalices e aí empezamos a reconstruíla, pero non sabíamos como se facía. Ao principio metíamos madeira moi boa pero pesada e, co tempo, fomos descubrino que era todo o contrario, que tiña que ser lixeira” apunta no documental. Todas as intervencións teñen un punto de conexión moi claro: o traballo precursor de do músico e estudoso do folclore Faustino Santalices (Bande 1877 – Madrid 1960).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?