Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia acolle esta semana un encontro internacional sobre tecnoloxías cuánticas e as súas aplicacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia acolle esta semana un encontro internacional sobre tecnoloxías cuánticas e as súas aplicacións

S. P.
Publicado: 07/10/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

momentum_banner_quantum_international_oct2024.jpgSantiago acolle esta semana, o mércores 9 e xoves 10 de outubro, o International Quantum Business Conference, un evento internacional que reunirá a persoal investigador, representantes da industria e doutras entidades públicas e privadas para debater ao redor das tecnoloxías cuánticas. Este evento, organizado por Fujitsu e coa colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e a Xunta de Galicia, abordará os últimos avances das tecnoloxías cuánticas.
No transcurso deste relevante encontro debaterase tamén sobre a aplicación destas tecnoloxías na industria en diferentes eidos como o descubrimento de fármacos, a loxística, a enerxía ou as finanzas, entre outros.
Dirixido tanto a perfís técnicos como executivos, a conferencia contará coa participación de actores relevantes que traballan no ecosistema cuántico internacional como o King’s College de Londres, Moody’s, Repsol, o Fujitsu Quantum Lab e o Silicon Valley Forum, entre outros.
Grazas a este evento, as persoas asistentes poderán somerxerse no mundo das tecnoloxías cuánticas e máis concretamente en conferencias sobre programas concretos para realizar computación cuántica práctica ou mesas redondas sobre iniciativas públicas para impulsar o ecosistema cuántico en España e Europa. Entre outras citas, tamén se afondará nas oportunidades de financiamento de I+D+i para tecnoloxías cuánticas e sobre a fenda cuántica entre a forza laboral e o emprendemento, así como entre a investigación cuántica e os negocios.
Esta actuación enmárcase nos compromisos de Fujitsu coa Xunta de Galicia dentro do Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia, que ten como obxectivo converter a nosa Comunidade nun referente a nivel europeo nestas tecnoloxías no horizonte do 2030.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?