Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A campaña Un outono cheo de letras pon o foco na lectura… e nas redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A campaña Un outono cheo de letras pon o foco na lectura… e nas redes sociais

S. P.
Publicado: 07/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

un_outono_cheo_de_letras_deputacion.jpgCo título Un outono cheo de letras iníciase esta semana unha nova edición da campaña coa que a Deputación da Coruña, a través da Área de Normalización Lingüística, quere “celebrar a paixón lectora e subliñar o seu compromiso co fomento da lectura e do libro en galego”. Segundo fai saber a Deputación, a campaña vén cunha marcada vertente participativa e tecnolóxica: “Nela, a cidadanía é unha vez máis protagonista, xa que o cancelo #UnOutonoCheodeLetras servirá de novo para espallar os contidos e o lema da campaña a través das redes sociais”.
Toda persoa que se sume aos valores en prol do libro e a lectura desta iniciativa, facendo interacción co material difundido desde as propias redes da Deputación, entrará no sorteo de dez bonos-libro. Cada un destes bonos está valorado en 100 euros.
As persoas gañadoras poderán empregar estes bonos na libraría da provincia da Coruña que libremente elixan. En edicións anteriores, as persoas gañadoras fixeron efectivos os seus bonos en librarías de Cambre, Zas, Santa Comba, Sada, Noia, Oleiros, Santiago de Compostela, Carballo ou na propia cidade da Coruña, entre outros municipios.
Con #UnOutonoCheodeLetras o ente provincial salienta o seu “firme apoio ás persoas e empresas que se comprometen diariamente no traballo neste sector, un sector cun forte peso simbólico e económico, e historicamente clave no proceso de normalización lingüística”.
A Deputación engade que “esta campaña dá visibilidade a unha área, a do libro, coa convicción de que os libros e a lectura melloran o pensamento crítico e as habilidades de comprensión das persoas; tamén coa certeza de que o mundo dos libros nos expón a novas ideas e proporciona unha comprensión máis ampla do mundo”.
#UnOutonoCheodeLetras destacará ademais os distintos premios cos que a Deputación fomenta a creación na nosa lingua e o fomento da lectura, como é o caso dos certames Torrente Ballester de narrativa, Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, González Garcés de poesía, Rafael Dieste de teatro ou Manuel Murguía de ensaio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?