Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha xornada no Campus de Ourense pon sobre a mesa diferentes xeitos de acabar co ciberacoso
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha xornada no Campus de Ourense pon sobre a mesa diferentes xeitos de acabar co ciberacoso

S. P.
Publicado: 07/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ciberacoso_xornadas_campus_de_ourense_sig3.jpgAs agresións sexuais nas redes e os xeitos de concienciar á sociedade (especialmente ás novas xeracións) para combatelas centraron este luns 7 de outubro unhas xornadas celebradas na Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense.
A actividade Do sexting ao acoso e abuso sexual baseado nas imaxes entre adolescentes: novos riscos online estivo organizada desde o grupo de investigación Saúde, Sexualidade e Xénero da Universidade de Vigo pola profesora titular Yolanda Rodríguez e a axudante doutora Rosana Martínez. Na inauguración participaron Francisco Javier Rodríguez Rajo, vicerreitor do Campus de Ourense, e Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade,
Segundo sinalaron, os obxectivos da cita son “incrementar a conciencia de risco do material auto-xerado, recibido e manipulado de imaxes de contido sexual entre adolescentes, a través das prácticas do sexting” e “promocionar a igualdade de xénero para previr as ciberviolencias sexuais cara as mozas e mulleres”.
O programa deseñado tamén quixo “identificar as novas formas de expresarse do patriarcado nosa sociedade actual, tanto na esfera offline como en liña”, mostrar a realidade destas e “contribuír a construír sociedades igualitarias e libres de violencias cara as mozas e mulleres”. Ao celebrarse na Facultade de Educación e Traballo Social, a xornada incluíu entre os seus retos ofrecer ao alumnado asistente competencias multidisciplinares sobre como crear espazos coeducativos igualitarios e de tolerancia cero a calquera manifestación de violencia deste tipo.
Yolanda Rodríguez lembrou na apertura das xornadas que estas se centraron de xeito especial na mocidade xa que, afirmou, “as e os nosos adolescentes, tantos os da xeracións Z como Alfa, estanse cibersocializando. Internet, as redes sociais, as aplicacións de mensaxería instantánea… son ferramentas que utilizan habitualmente para comunicarse e establecer relacións. É máis, podemos dicir que hoxe en día prefiren comunicarse de xeito online antes que cara a cara”. Ante esta nova socialización, apuntou, xorden novos fenómenos. Entre eles sinalou o paso do sexting, no que o seu grupo de investigación leva arredor dunha década investigando, ao acoso e abuso sexual. Así chamou a atención sobre “comportamentos que as e os nosos adolescentes teñen xa normalizados, que os consideran ata divertidos, sen apenas consecuencias” pero que en realidade son acoso ou abuso sexual e cuxas vítimas maioritariamente son as mozas.
A xornada contou na sesión da mañá con varias conferencia. Coral Herrera, escritora, comunicadora e docente membro do Observatorio de Masculinidades da Universidad Miguel Hernández (Alacante) falou de “como construír relacións amorosas e libres de violencia nas redes sociais”. Sobre a prevalencia, implicacións e prevención do sexting entre adolescentes interveu Patricia Gómez, profesora axudante doutora da Universidade de Santiago de Compostela. Pola súa banda, Jone Martínez Bacaicoa, profesora e investigadora da Universidad Autónoma de Madrid, falou de Entendendo a violencia sexual e de xénero en liña: características, alcance e factores relacionais. Xa pola tarde está previsto a realización dun obradoiro titulado Do sexting ao acoso e abuso sexual baseado nas imaxes entre adolescentes. Traballando dende a prevención co Programa ‘ni ♀N ni ♂FF’, a cargo da traballadora social Sabela Salgueiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?