Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae achéganos á excelencia no manexo dos datos cun curso centrado en Databricks
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae achéganos á excelencia no manexo dos datos cun curso centrado en Databricks

S. P.
Publicado: 08/10/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

databricks_vitae_1.jpgEste mes de novembro a consultora galega Vitae, especializada en formación avanzada e actualizada para as e os profesionais dos sectores tecnolóxicos e innovadores, vai organizar un curso destinado a converternos en expertos no manexo, tratamento, análise e almacenamento da información a gran escala, o que se coñece como Big Data. Tratase do curso Databricks para Enxeñaría de Datos, que se celebra os días 12, 14, 18, 20, 21, 26 e 28 de novembro de 2024. Terá 21 horas de duración e desenvolverase en formato de aula virtual.
databricks_vitae_big_data.jpg Segundo explica Vitae con máis detalle, este curso está deseñado para profesionais que desexan obter unha introdución do manexo de grandes volumes de datos utilizando unha plataforma avanzada como Databricks: “Iremos desde os conceptos fundamentais ata a aplicación real de solucións complexas que abordan problemas reais de enxeñería de datos”.
Ademais, con laboratorios prácticos en cada módulo, as persoas asistentes aprenderán a dominar Apache Spark, automatizar pipelines de datos e optimizar os recursos na nube. Ao final do curso, estarán preparadas e preparadas para implementar solucións eficientes e flexibles no mundo real, con independencia do tamaño dos datos que manexen.
databricks_vitae_2.jpgAs sesións serán gravadas para poder ser consultadas de forma ilimitada unha vez finalizado o curso.
Os obxectivos desta actividade formativa son os seguintes: comprendermos os conceptos básicos da enxeñería de datos moderna baseada en arquitecturas Medallón; aprendermos a utilizar a plataforma Databricks para a xestión e transformación de datos; coñecer a arquitectura Lakehouse e a súa aplicación en Databricks; realizar transformacións de datos utilizando PySpark; e implementar e xestionar táboas Delta.
A persoa encargada de impartir estes contidos será Antonio Soto Rodríguez, enxeñeiro en Informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e profesional con máis de dúas décadas de experiencia como consultor técnico experto e certificado, achegando formación na Universidade Microsoft e a empresas e organismos como a NASA, NASDAQ, PEMEX, SERGAS, Citroen, CEAGA, Inditex, Ferroplast, Banco Popular, ABANCA, Xunta de Galicia ou Abertis.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?