Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC homenaxea ao matemático José Rodríguez e entrega as súas medallas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC homenaxea ao matemático José Rodríguez e entrega as súas medallas

S. P.
Publicado: 08/10/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

medallas_ragc_2asistentes.jpgA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou este martes 8 de outubro no Paraninfo da Universidade de Santiago o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou ao matemático José Rodríguez González (Lalín, 1770 – Santiago de Compostela, 1824) como Científico Galego do ano 2024, coincidindo co bicentenario do seu falecemento.
Ao evento asistiron o presidente da RAGC, Juan Lema; o secretario xeral da Lingua; Valentín García; a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo; a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández; a vicerreitora de Política Científica da USC, Pilar Bermejo; a vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación da Universidade de Vigo, Belén Rubio; Elena Vázquez, do Consello da Cultura Galega; o presidente do Consello Económico e Social, Manuel Pérez; e o historiador de Lalín Daniel González; así como académicas e académicos da RAGC, familiares do Matemático Rodríguez e representantes de diversas institucións políticas, educativas, culturais e de investigación galegas.
O presidente da Academia salientou que Rodríguez foi “un neno labrego que, a base de esforzo e dun talento excepcional, transformouse nun catedrático admirado, no primeiro científico de Galicia”. Referiuse a el como “un científico internacional e un liberal inquieto e modernizador”. Puxo de relevo que “é probable que fose o primeiro científico galego en atinxir unha dimensión internacional, unha persoa infinitamente curiosa, ávida de coñecer novos campos e comprometida co avance da ciencia en España”.
Durante o evento proxectouse un vídeo no que se aborda a traxectoria vital e profesional do homenaxeado. E presentouse a revista da Academia A Ciencia en Galicia, dedicada neste número a Rodríguez, e na que se recolle ademais a principal actividade da Academia e os fitos científicos máis relevantes no último ano na nosa comunidade.
Francisco Díaz-Fierros: “Foi un sabio de sona internacional”
Francisco Díaz-Fierros, catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da USC e académico da Real Academia de Farmacia de Galicia, impartiu a conferencia José Rodríguez González, o sabio de Bermés. Na súa intervención lembrou que Rodríguez naceu en Bermés (Lalín) en 1779. Relatou que “aos 31 anos xa era catedrático de Matemáticas da Universidade de Santiago e en 1803 marcha para ampliar estudos a París. Desde alí pasou a integrar a comisión franco-española que debería colaborar na medida do arco de meridiano Barcelona-Mallorca, coa que se completaría a definición do metro como unidade de medida. Continuou a súa estadía no estranxeiro, en Inglaterra, onde corrixiu as medidas xeodésicas de Mudge, dando orixe a unha controversia internacional. Posteriormente, en Alemaña, Suíza e Italia tivo relacións con científicos do talle de Werner e Gauss”.
O catedrático destacou que en París recibiu de Haüy, fundador da cristografía moderna, unha importante colección de modelos cristalográficos, que na actualidade é unha das xoias do patrimonio da Universidade de Santiago. De novo en España, durante o trienio liberal, foi nomeado director do Observatorio Astronómico de Madrid e deputado nas Cortes españolas, postos que deixou coa chegada dos políticos absolutistas en 1822. De volta a Galicia, morre en Santiago, en 1824.
“Sabio, de sona internacional, ao que lle foron ofrecidos postos relevantes desde Arxentina e Rusia, é considerado o introdutor da ciencia moderna na Universidade de Santiago e tamén en Galicia”, manifestou Díaz-Fierros.
Entrega das Medallas de Investigación de Galicia
Entregáronse tamén as cinco Medallas de Investigación de Galicia que concede a RAGC. As persoas distinguidas este ano foron, na sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde, Antonio Figueras, investigador do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC (Vigo), referente internacional en patoloxía de organismos mariños, especialmente moluscos. Santiago Lago, considerado un dos economistas máis influentes de España no ámbito da economía pública, recibiu a medalla da sección de Ciencias Económicas e Sociais; asesor de organismos internacionais como o Banco Mundial ou a OCDE, ten participado no deseño de políticas públicas en España e Galicia e colaborado con distintos gobernos na implantación de políticas fiscais e económicas. Pedro Arias, catedrático de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría da Universidade de Vigo, foi o elixido pola sección de Ciencias Técnicas polo seu traballo coa xeointelixencia, campo que combina as técnicas e ferramentas relacionadas coa intelixencia artificial coa información xeoespacial. A medalla da sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación, entregóuselle ao catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da USC Alberto Bugarín, que centra a súa investigación en diferentes áreas da Intelixencia Artificial como a xeración de linguaxe natural. O catedrático Diego Peña, investigador do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS), recibiu a medalla da sección de Química e Xeoloxía, por abrir unha nova área de investigación en Química Orgánica, tratando de resolver problemas químicos mediante a combinación da química e a ciencia de superficies, manipulando moléculas individuais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?