Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Seresco doa 3.825 euros a entidades sociais coa iniciativa Nóminas Solidarias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Seresco doa 3.825 euros a entidades sociais coa iniciativa Nóminas Solidarias

S. P.
Publicado: 08/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

seresco_doazon_donacion_solidaria.jpgSeresco, compañía tecnolóxica española con dependencias en Vigo comezou o mes de outubro cunha marcada vertente solidaria: cunha nova edición das súas Nóminas Solidarias, coas que a compañía realiza unha doazón anual en función do seu crecemento na externalización de nóminas. Desta volta Seresco logrou recadar 3.825€ que serán destinados ao Servizo Xesuíta a Migrantes de Almería, a Associação de Apoio à Criança Abandonada e a Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica no marco das accións de responsabilidade social corporativa da tecnolóxica.
O proxecto solidario, impulsado desde o ano 2014, implica a doazón de 60 céntimos por cada nova nómina externalizada e xestionada desde a plataforma de outsourcing de Seresco durante o exercicio anterior.
Como dixemos, nesta edición, a doazón irá destinada a partes iguais entre o Servizo Xesuíta a Migrantes de Almería, cuxo foco reside en acompañar, servir e defender ás persoas migrantes e acompañalas no seu proceso de integración na sociedade española; a Associação de Apoio à Criança Abandonada, cuxo cometido é axudar aos nenos de familias sen recursos con comida, educación, saúde, roupa, aloxamento ou tratamento médico, en definitiva, todo o que necesitan para mellorar a súa calidade de vida; así como á Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica, enfocada en aglutinar, fortalecer, formar e coordinar os esforzos e actividades das entidades que traballan a favor das persoas con discapacidade física e orgánica para defender os seus dereitos e mellorar a súa calidade de vida.
Desde o seu nacemento en 2014 o proxecto de Nóminas Solidarias de Seresco doou case 34.000€ a iniciativas solidarias e colaboracións con entidades sociais.
En palabras de Andrés Riveiro, responsable da área de Nómina: “En Seresco, estamos comprometidos con visibilizar e expandir as nosas políticas de responsabilidade social corporativa. Iniciativas como o proxecto Nóminas Solidarias bríndannos unha dobre satisfacción: non só alcanzamos os nosos obxectivos empresariais, senón que tamén apoiamos causas solidarias, permitindo aos nosos clientes unirse a este esforzo.”
No marco das diferentes accións de RSC, a compañía tecnolóxica que cotiza no BME Growth e cuxa área de nómina e recursos humanos xestiona máis de 3,6 millóns de nóminas ao ano, continua co seu firme apoio a iniciativas solidarias nun compromiso cos seus empregados e a sociedade no seu conxunto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?