Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta achegará máis de cen cursos de galego (en liña e presenciais) para persoas nadas fóra da nosa terra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta achegará máis de cen cursos de galego (en liña e presenciais) para persoas nadas fóra da nosa terra

S. P.
Publicado: 09/10/2024
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

cursos_secretaria_xeral_valentin_garcia_241009_lingua_x-1.jpgA Xunta, a través da Secretaría Xeral da Lingua, vai ofertar máis dun cento de cursos de lingua e cultura galegas a persoas procedentes do exterior. Este paquete formativo enmárcase no plan de 50 medidas que porá en marcha o Goberno autonómico de cara a 2025 co obxecto de “impulsar o emprego da nosa lingua en distintos ámbitos da poboación e en todos os contextos da sociedade”.
Así o anunciaron este 9 de outubro o conselleiro de Cultura e Lingua, José López Campos, e o secretario xeral Valentín García, durante a presentación da nova imaxe da campaña Saca a lingua que levas dentro, coa que se procura, nas redes e fóra delas, “pór en valor o privilexio que supón contar cun idioma propio, que debemos ver como un gran tesouro do que estar orgullosos”.
López Campos deu a coñecer a nova imaxe desta campaña, na que, segundo subliñou, incídese na importancia do galego “como elemento clave da nosa identidade”. En todo caso, subliñou que “nunca antes” se ten dado que “houbese tantos galegos que soubesen falar, ler e escribir na nosa lingua”, en referencia a que o galego é a lingua cooficial de España máis empregada e a idioma cooficial co índice máis alto de coñecemento de comprensión e lectoescritura.
Porén, existe un desafío importante, recoñeceu, e é “prestixiar e atraer” á xente do exterior cara ao noso idioma. Neste senso, explicou que Saca a lingua que levas dentro pretende “alimentar o arraigamento, o orgullo e o sentimento de pertenza a través da lingua” como un xeito “efectivo e afectivo” de fomentar o seu uso “entre todos os galegos e galegas, en todos os ámbitos —público e privado— e en todas as idades, facendo fincapé na xente máis nova”.
Deste xeito, a campaña centra a súa nova imaxe en persoas de diferentes idades, en situacións de lecer ou de traballo, e tamén reflectindo a actual realidade da nosa comunidade cos novos galegos e galegas provenientes do exterior.
Cursos presenciais e en liña para os novos galegos
O conselleiro precisou que no plan de medio cento de medidas para impulsar o uso de galego de cara a 2025 faise especial fincapé no “enorme potencial” que supón o incremento nos últimos anos de chegada á Comunidade de poboación de fóra de Galicia. Deste xeito, considerou “claves” estes cursos de lingua e culturas galegas dirixidos a estes novos galegos e galegas. Segundo avanzou, para a posta en marcha destes cursos, primeiramente a Consellería porase en contacto con asociacións e entidades que traballan coa comunidades dos distintos países de procedencia destes colectivos para “artellar unha formación á medida das súas singularidades”. En canto á modalidade dos cursos, adiantou que se executarán en dúas modalidades: en liña e presenciais. En ambos dous casos habilitarase un sistema de matriculación previa.
Apuntou que “isto suporá a posta en marcha dun programa con medidas que incluirán desde a creación de materiais didácticos ou a posta en marcha de cursos formativos ata a colaboración con diferentes organismos ou outros departamentos do Goberno galego, como é a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a Consellería de Política Social ou a de Emprego, Comercio e Emigración para o contacto cos colectivos de diferentes países que están a vivir en Galicia”.
Plan con medio cento de medidas de cara a 2025
saca_a_lingua_que_levas_dentro.jpg López Campos enmarcou estes cursos e a campaña presentada dentro do plan de medio cento de medidas para potenciar o emprego do galego de cara a 2025. Lembrou que ademais destas dúas iniciativas poranse en marcha outras encamiñadas ao impulso do neofalantismo coa creación dun espazo de lecer que funcione como un repositorio de contidos musicais e audiovisuais en galego ou a continuidade do proxecto neofalantes.gal, en marcha coa Universidade de Santiago de Compostela para “mostrar á xente nova a utilidade de coñecer o galego e potenciar o seu uso neste colectivo”.
Ademais, indicou que as propostas centraranse tamén no aproveitamento das novas tecnoloxías e os espazos dixitais nos que se move a mocidade co fin de dinamizar a lingua galega nesta parte da poboación. Aclarou que “ademais de continuar traballando no Proxecto Nós para impulsar o galego no ámbito da Intelixencia Artificial, avanzarase na creación de novos produtos tecnolóxicos especialmente pensados para o público infantil e xuvenil, así como na colaboración con creadores de contido que axuden a favorecer a creación de vínculos entre a lingua galega e as xeracións máis novas”.
O conselleiro apuntou que as novas propostas nas que traballa a Xunta de Galicia súmanse ás que están xa en marcha por parte da Secretaría Xeral da Lingua como as colaboracións para dinamizar o galego nos comercios, os programas da Rede de Dinamización Lingüística, as actividades no ensino, a celebración das probas CELGA, o aproveitamento dos vencellos coa lusofonía, accións de divulgación como o FalaRedes, Nadal en Rede, o programa de inmersión lingüística 21 Días co galego e+ ou a posta en marcha de concursos e premios no eido da lingua galega.
Pacto pola lingua
O conselleiro aproveitou a presentación da campaña Saca a lingua que levas dentro para anunciar tamén que se ten convocado para o vindeiro 24 de outubro aos grupos representados no Parlamento de Galicia a unha reunión de traballo co obxecto de “abrir o proceso de diálogo para consensuar un gran Pacto pola Lingua”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?