Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abre as súas portas en Santiago a International Quantum Business Conference
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Abre as súas portas en Santiago a International Quantum Business Conference

S. P.
Publicado: 09/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gzeuaxvwkae-cel.jpgNo serán deste mércores 9 de outubro inaugurouse a cita sobre cuántica International Quantum Business Conference, un encontro impulsado pola Xunta e organizado por Fujitsu e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) que reúne na capital galega a máis de 300 investigadores, representantes da industria e doutras entidades públicas e privadas do ámbito internacional. A apertura da conferencia contou coa presenza do conselleiro de Educación e Ciencia, Román Rodríguez, que enxalzou a “excelencia dos proxectos que se están a executar en Galicia neste ámbito”.
gzeuaxnwuaacj96.jpg Román Rodríguez recalcou “o grande esforzo que ten feito Galicia nos últimos anos para fortalecer o seu tecido produtivo, atraer talento e impulsar o desenvolvemento destas tecnoloxías”, sobre todo a través do Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia, a iniciativa na que se encadran actuacións específicas como a Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas ou a adquisición do computador cuántico Qmio instalado no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
gzeuaxwxsaaplxg.jpg O conselleiro tamén convicou aos participantes no congreso a cooperar e fortalecer as colaboración con outras rexións e países para seguir avanzando no desenvolvemento destas tecnoloxías, nun momento decisivo para situar a Galicia e á súa industria nunha posición de liderado nesta materia.
Precisamente, este congreso coincide co anuncio da construción dunha nova sede para o CESGA, que estará no Polígono da Sionlla en Santiago e que contará cun orzamento de 56 millóns de euros.
Programa da conferencia
gzbhcs8wqaalnsw.jpg O congreso continúa este xoves na Cidade da Cultura con presentacións da man de expertos internacionais da materia e varias mesas redondas con investigadores, administracións públicas e empresas, nas que se discutirá sobre o estado destas tecnoloxías e as súas aplicacións na industria. En concreto, as conferencias abordarán temas como os retos actuais das tecnoloxías cuánticas ou como salvar a fenda entre a investigación nestas tecnoloxías e a súa aplicación na industria. Pola súa banda, as mesas redondas versarán sobre iniciativas públicas para fortalecer este ecosistema en España e Europa, fomento do emprendemento ou as oportunidades de financiamento en tecnoloxías cuánticas. Por último, celebraranse sesións paralelas centradas respectivamente no estado da ciencia e nos retos e casos de éxito da súa aplicación na industria.
A conferencia está previsto que reúna en Santiago de Compostela durante estes dous días a máis de 300 investigadores, representantes da industria e doutras entidades públicas e privadas. Entre os participantes destacan actores relevantes que traballan no ecosistema cuántico internacional como o King’s College de Londres, Moody’s, Repsol, o Fujitsu Quantum Lab e o Silicon Valley Forum, entre outros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?