Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Rematan as 6ª Xornadas de Videoxogo e Literatura da Fundación Carlos Casares
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Rematan as 6ª Xornadas de Videoxogo e Literatura da Fundación Carlos Casares

S. P.
Publicado: 10/10/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

videoxogo_e_literatura_xornadas_carlos_casares-2.jpgA Fundación Carlos Casares segue apostando pola combinación de videoxogos e literatura coas súas Xornadas de Videoxogo e Literatura. Unha mirada transversal, que xa van pola súa sexta edición e pechan as súas portas hoxe. Este encontro final, que terá lugar na Galería 3 do Museo do Marco (rúa do Príncipe 54, Vigo) nace coa vontade de ampliar o coñecemento público do sector, afondar nas perspectivas de crecemento e apuntar retos e desafíos dos seus profesionais.
Desta volta as xornadas, que daban comezo o pasado 8 de outubro, queren fixar un ollar máis transversal mediante novos contidos para as mesas redondas e os faladoiros (tradución, creación de contidos, creación indie, proxectos educativos e formativos, etc.), unha clase maxistral sobre deseño de narrativas, experiencias profesionais, etc.
Dicir que o evento en cuestión será presentado por Bruno Doiro, e contará cos desenvolvedores: Carla Bolaños (LingoKids) e Nacho Pintos (consulto en deseño narrativo de videoxogos). Tamén se falará de lingua, cultura e videoxogos, a cargo de Iago Gordillo (Recuncho Gamer), Lara Portela (creadora de contidos) e María Herrero (doutoranda en Paratradución). A última mesa tratará os videoxogos como ferramenta en ámbitos non lúdicos (sociais, sanitarios, educativos, etc.).
Participarán Leticia Costas (Kidcode), Sabela Salgueiro (especialista en traballo social e educación sexual) e Miguel A. Areán (Polygon-e Studios).
Como actividade externa, e baixo o título: BIT a BIT. A evolución dos videoxogos, estase a levar a cabo (dende o día 8 e ata o 12 de outubro) unha exposición sobre videoxogos retro, as primeiras consolas e obradoiros para escolares e familiares o sábado, co fin de que todo o mundo teña a oportunidade de coñecer a evolución do lecer interactivo dos videoxogos retro. Engadir que esta actividade é posible co apoio da Asociación RetroGalaicos, especializada na recuperación de hardware e videoxogos retro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?