Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Valentín García salienta o potencial dos neofalantes e das TIC para o impulso do galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Valentín García salienta o potencial dos neofalantes e das TIC para o impulso do galego

S. P.
Publicado: 10/10/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

valentin_garcia_secretaria_xeral_da_lingua_secretario_241010_comisioin4_x-3.jpgA Xunta de Galicia centrará nos neofalantes e nas persoas non nadas en Galicia as súas políticas lingüísticas para, en palabras do secretario xeral de Lingua, Valentín García, “incrementar o prestixio e o uso do galego”. O Goberno galego tamén porá o foco no potencial das novas tecnoloxías en materia de galeguización: por exemplo a través de Neofalantes.gal ou do Proxecto Nós de Intelixencia Artificial. Estes obxectivos materializaranse en boa medida a través do plan de dinamización do galego de cara a 2025 e da campaña Saca a lingua que levas dentro. Así o deu a coñecer este 10 de outubro o secretario xeral en resposta a unha pregunta en materia de lingua na Comisión 4ª do Parlamento de Galicia.
“Os cambios sociais que está a vivir Galicia supoñen todo un desafío para o futuro da nosa lingua, pero tamén unha valiosa oportunidade”, argumentou García, en referencia “ao importante incremento” do número de persoas provenientes doutros países, “que elixen libremente ser galegos de pleno dereito e tamén queremos que elixan libremente falar o noso idioma”, defendeu.
O secretario xeral explicou que a campaña de dinamización do uso do galego Saca a lingua que levas dentro, presentada este mesma semana terá entre os seus obxectivos “atraer ao noso idioma a estes novos galegos e galegas”. Ademais, tamén os erixiu como un dos colectivos aos que van dirixidos algunhas das iniciativas máis importantes do novo plan autonómico para potenciar o emprego do galego en todos os eidos, entre todas as xeracións e en todos os grupos de poboación de cara a 2025.
100 cursos de lingua e cultura galegas en 2025
Precisamente, entre esas 50 medidas do Plan destacou os máis de cen cursos, presenciais e en liña, que se ofertarán o vindeiro ano en lingua e cultura galegas para as persoas provenientes doutro países. Segundo avanzou, para a posta en marcha destes cursos, primeiramente a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude porase en contacto con asociacións e entidades que traballan coa comunidades dos distintos países de procedencia destes colectivos para “artellar unha formación á medida das súas singularidades”.
En canto aos cursos, adiantou que se executarán en dúas modalidades: en liña e presenciais. En ambos dous casos habilitarase un sistema de matriculación previa. Ao respecto, apuntou que esta iniciativa suporá a posta en marcha dun programa con medidas que incluirán a creación de materiais didácticos, cursos formativos e a colaboración con diferentes organismos ou outros departamentos do Goberno galego, como é a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a Consellería de Política Social ou a de Emprego, Comercio e Emigración para o contacto cos colectivos de diferentes países que están a vivir en Galicia.
Aproveitar o “gran tirón e auxe” do neofalantismo
Ademais de intentar incorporar ao noso idioma ás persoas chegadas doutros países, o secretario xeral da Lingua salientou que outro dos “puntos fortes”, tanto do plan de dinamización do emprego do galego como na campaña Saca a lingua que levas dentro, situarase en aproveitar “o gran tirón e auxe” no emprego do galego co fenómeno do neofalantismo. Para este pulo, anunciou a creación dun espazo de lecer que funcione como un repositorio de contidos musicais e audiovisuais en galego.
Nesta mesma liña, destacou que se está a dar continuidade ao proxecto neofalantes.gal, en marcha xa coa Universidade de Santiago de Compostela para “mostrarlle á xente nova a utilidade de coñecer o galego e potenciar así o seu uso neste colectivo”.
Finalmente, Valentín García indicou que o novo plan centrarase tamén no aproveitamento das novas tecnoloxías e os espazos dixitais nos que se move a mocidade co fin de dinamizar a lingua galega nesta parte da poboación. Consecuentemente, aclarou que ademais de continuar traballando no Proxecto Nós para impulsar o galego no ámbito da Intelixencia Artificial, avanzarase na creación de novos produtos tecnolóxicos especialmente pensados para o público infantil e xuvenil, “así como na colaboración con creadores de contido que axuden a favorecer a creación de vínculos entre a lingua galega e as xeracións máis novas”, concluíu.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?