Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Román Rodríguez remata as súas visitas aos centros tecnolóxicos galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Román Rodríguez remata as súas visitas aos centros tecnolóxicos galegos

S. P.
Publicado: 14/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Visita de Román Rodríguez ao Centro Tecnolóxico Gradiant celebrada o pasado verán
Visita de Román Rodríguez ao Centro Tecnolóxico Gradiant celebrada o pasado verán
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou os nove centros tecnolóxicos galegos para coñecer o seu funcionamento e os proxectos nos que están a traballar.
Na súa visita, Román Rodríguez escoitou as necesidades destes centros e prometeu o apoio que se realizará a través do novo Plan galego de investigación e innovación 2025-2027, no que os centros tecnolóxicos terán un papel salientable. Este plan é un instrumento co que se concretarán as iniciativas e apoios á I+D+i para avanzar neste eido e potenciar Galicia como territorio referente.
O Goberno galego traballa para ter aprobado este plan a final de ano, co obxectivo de mellorar a resposta das políticas públicas aos retos actuais da sociedade. Para iso, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP parte dunha avaliación, xa en marcha, da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia do período anterior, e contará coa participación dos membros do ecosistema galego de I+D+i e coa opinión contrastada dun grupo de expertos na materia.
O Plan galego de investigación e innovación 2025-2027 ten como meta: acadar unha maior eficiencia e impacto das accións impulsadas desde a Administración para o impulso da investigación, a transferencia, a valorización e a innovación en Galicia; a coordinación dos axentes do ecosistema de I+D+i e dos recursos dispoñibles, favorecendo a colaboración público-privada; a coordinación da Comunidade Autónoma nos plans e programas nacionais e internacionais, o fomento da innovación e da súa xestión e a medición e avaliación dos resultados acadados en relación cos obxectivos propostos.
Ao largo dos últimos meses, Román Rodríguez visitou a Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste (AIMEN) no Porriño, o Centro de Automoción de Galicia (CTAG) no Porriño, a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas, Pescados e Mariscos (ANFACO-CECOPESCA) en Vigo, o Centro Galego de Investigacións de Auga (CETAQUA) en Ourense, onde ten as súas instalacións o Centro Mixto de Investigación CIGAT Circular, o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (CETIM) en Culleredo, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) en Vigo, o Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sustentabilidade Enerxética (EnergyLab) en Vigo, o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) na Coruña e o Centro Tecnolóxico do Clúster da Acuicultura (CETGA) en Ribeira.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?