Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega o V certame Galetiktokers con 1.800 euros en premios para a rapazada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega o V certame Galetiktokers con 1.800 euros en premios para a rapazada

S. P.
Publicado: 14/10/2024
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

presentacion_galetiktokers1.jpgNovamente os departamentos de Mocidade e Normalización Lingüística de Ames organizan o certame Galetiktokers, unha oportunidade para que a mocidade se sume á creación de novos formatos e contidos co galego como marca de identidade. As pezas audiovisuais que concursen, creadas seguindo o estilo da rede social TikTok, optarán a un total de 1.800 euros, repartidos en seis premios.
O Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, acolleu este 14 de outubro a presentación da quinta edición do certame Galetiktokers. Ao acto asistiron a concelleira de Educación e Mocidade, Carmen Porto; e Rosa Moreiras, Raquel Barbeito e Pili Villaverde, técnicas dos departamentos de Normalización Lingüística e de Mocidade. Durante a presentación estiveron acompañadas polo alcalde de Ames, Blas García; a creadora de contido Nuria Gandío López e representantes da empresa Xurdir.
A técnica do Servizo de Normalización Lingüística, Rosa Moreiras, destacou que “hoxe presentamos a quinta edición dun certame xa consolidado no concello, e moi agardado polos centros de ensino, que xa se puxeron en contacto con nós para saber cando abría a convocatoria. Isto dá mostra de que Galetiktokers é referencia entre a mocidade tanto de Ames como da contorna”. Así mesmo, explicou que este ano houbo cambios nas categorías: “Este ano amplíanse as idades das categorías. A primeira abrangue dos 13 aos 17 anos, e a segunda dos 18 aos 35”.
Pola súa banda, a concelleira de Educación e Mocidade, Carmen Porto, salientou que “o pasado venres a RAG publicaba uns datos moi preocupantes, que amosaban que xa se fala máis castelán que galego na nosa comunidade. Hoxe presentamos a quinta edición dun concurso que nace precisamente para incentivar o uso da nosa lingua entre a mocidade en todos os ámbitos da vida, incluso na contorna virtual”. Ademais, fixo referencia ao talento galego presente nas redes: “Nesta edición contamos con grandes creadores de contido galego como son @konachadas e Rodri Míguez, que presentarán a gala; Orgullo Galego, que impartirán os obradoiros nos institutos; e o rapeiro Big Meu, que actuará durante a gala do 23 de novembro”.
Nuria Gandío López, @konachadas, que será unhas das presentadoras da gala do concurso e membro do xurado, expuxo que “é un orgullo poder participar neste certame e agradezo moito que contasen comigo. Ese tipo de iniciativas gústanme moito porque, ao final, son moi necesarias para impulsar o noso idioma. Hai quen di que o galego nas redes pecha portas, pero penso que é todo o contrario; dá un punto de diferenciación que é moi atractivo para moitos usuarios”.
Pechou o acto o alcalde de Ames, Blas García, quen salientou que “este é un certame creado polo Concello fai cinco anos e que esperamos seguir desenvolvendo por moito tempo. Hoxe en día estamos máis convencidos que nunca da necesidade de apostar por proxectos coma este. Que en 2024 o galego non sexa a lingua máis falada en Galicia ten que facernos pensar a todos, á sociedade, á cidadanía e, sobre todo, ás administracións”.
Categorías, premios e xurado
No certame poden participar mozos e mozas a partir dos 13 anos, repartidos en dúas categorías en función da idade. A primeira categoría inclúe á rapazada dos 13 aos 17 anos (ambas as idades incluídas) e a segunda engloba a mocidade a partir dos 18 anos. Ao igual que na anterior edición, pode participar calquera persoa, sen ter que ser veciño ou veciña do concello.
De novo, o certame repartirá seis premios de 300 euros. Catro dos premios decidiraos un xurado formado por persoas recoñecidas no ámbito audiovisual e nas redes sociais, mentres que os outros dous serán escollidos polo público, que votará premendo gústame nos vídeos subidos ao perfil de Instagram de Xuventude Ames Xa! (@xuventudeames). Deste xeito, cada categoría recibirá tres galardóns: dous do xurado e un do público.
Características e condicións dos vídeos
Os vídeos creados para o V Galetiktokers teñen que estar en lingua galega, e deben ser de creación propia a través da aplicación TikTok ou da sección Reels de Instagram, cunha duración de entre 15 e 60 segundos. Será obrigatorio que a lingua teña presenza, xa sexa de xeito oral, escrito ou musical.
A temática é libre, polo que terán cabida no concurso pezas relacionadas coa música, co humor, co baile, coa interpretación, co deporte ou con calquera outro tema. Non se admitirán vídeos que promovan unha mensaxe violenta, denigrante ou ofensiva.
Para participar no certame, cómpre enviar ao enderezo electrónico galetiktokers24@gmail.com a seguinte ficha de participación cuberta e asinada, ademais do propio vídeo que se presenta no concurso. O prazo de inscrición rematará o 4 de novembro de 2024. A organización comprobará que se cumpren os requisitos e validará a inscrición a través dun correo de confirmación.
Todas as pezas admitidas subiranse ao perfil de Instagram de Xuventude Ames Xa! (@xuventudeames), co cancelo #galetiktokers. O prazo de votación para determinar os premios do público será unicamente de dous días, das 11:00 horas do 6 de novembro ás 11:00 horas do 8 de novembro. Neste período contabilizaranse os gústame nas publicacións no perfil de Instagram de Xuventude Ames Xa!, do que fará falta ser seguidor ou seguidora para votar.
Como actividade complementaria da celebración do certame, realizaranse dúas xornadas de formación nos centros de ensino secundario de Ames, co obxectivo de explicarlle ao alumnado o contido do concurso, dar a coñecer a creadoras e creadores de contido en galego en TikTok, e facer unha tormenta de ideas para impulsar a creatividade entre a mocidade.
A formación correrá a cargo dos creadores de contido e tiktokeiros de @orgullo.galego, que estarán no IES do Milladoiro e no IES de Ames.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?