Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC da UDC participou na feira OSHWDem 2024 co seu programa Talentos Inclusivos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC da UDC participou na feira OSHWDem 2024 co seu programa Talentos Inclusivos

S. P.
Publicado: 15/10/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

citic_oshwdem7-1024x768.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da UDC participou este sábado 12 de outubro co seu proxecto Talentos Inclusivos na feira de tecnoloxías abertas OSHWDem 2024, celebrada no Museo Domus da Coruña. O evento, organizado por Bricolabs, congregou a entusiastas da electrónica, robótica, impresión 3D e a cultura maker, destacando a accesibilidade tecnolóxica como unha das súas grandes propostas.
oshwdem-5.jpg A caseta do CITIC, baixo o programa Talentos Inclusivos, expuxo diversas tecnoloxías accesibles deseñadas para mellorar o día a día das persoas con discapacidade. Entre as actividades, presentouse unha aplicación de Realidade Virtual, na que os asistentes puideron coñecer como estas ferramentas facilitan o traballo en habilidades cognitivas para persoas con discapacidade intelectual e o can robot baixo a supervisión de Iago Fernández. O CITIC tamén achegou a versión adaptada do videoxogo Mario Kart, que permitiu aos participantes xogar utilizando controis adaptados ao tronco ou a cabeza. Esta iniciativa foi liderada por Paula de Santos, quen mostrou como este tipo de modificacións posibilitan a inclusión no ámbito do entretemento dixital.
oshwdem-2.jpg Así mesmo, Jorge Rivadulla presentou o xogo personalizado Compra con-migo, deseñado especificamente para persoas con discapacidade, mostrando como as tecnoloxías interactivas poden apoiar a aprendizaxe e a autonomía na vida diaria. Ademais, Irene Brage ofreceu unha demostración de pintura cun dispositivo de apoio para a cabeza, brindando aos asistentes unha experiencia creativa accesible.
citic_oshwdem-6.jpg Doutra banda, ás 11.00 horas levou a cabo o obradoiro Do Re O meu-croPython, dirixido a mozos de entre 10 e 14 anos. Esta actividade foi impartida por Adriana Dapena, profesora da Facultade de Informática da UDC e investigadora do CITIC, xunto con Beatriz Padín Romero, profesora no Colexio M. Peleteiro de Santiago de Compostela. No taller, a mocidade participante aprendeu a combinar música e programación mediante o uso de MicroPython, descubrindo as posibilidades creativas da tecnoloxía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?