Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña proba o sistema de alertas por emerxencia Es-Alert
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coruña proba o sistema de alertas por emerxencia Es-Alert

S. P.
Publicado: 15/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

emerxencias_simulacro_coruna__subdelegada__maria_rivas.jpgA Coruña acolleu unha proba do sistema tecnolóxico Es-Alert, empregado esta mañá pola Axencia Galega de Emerxencias durante o simulacro de accidente na refinaría de Repsol.
Na cita participou o director xeral de Emerxencias da Xunta, Santiago Villanueva. Tamén estivo presente a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, quen subliñou o valor do novo sistema de alertas á poboación ante emerxencias (Es-Alert) que o Ministerio do Interior probou en Galicia por primeira vez no concello de Maceda, e que actualmente se está a testar en distintos lugares de España.
es-alert_gz6zo1cwgaate5q.jpg Este sistema foi despregado no 2022, froito dun acordo entre os Ministerios do Interior e de Transformación Dixital, e forma parte da Rede Nacional de Protección Civil. O Goberno púxoo a disposición dos centros de coordinación de emerxencias das Comunidades Autónomas, como a AXEGA no caso de Galicia, no marco do Sistema Nacional de Protección Civil. Estes centros, xunto co Centro Nacional de Seguimento e Coordinación de Emerxencias do Ministerio do Interior, son os responsables, dentro da súa área de competencia, de definir e emitir as alertas cando a situación o requira.
María Rivas destacou a importancia desta tecnoloxía “que hoxe permitiu enviar unha mensaxe de texto simultánea a cerca de 300.000 teléfonos móbiles”, e que se suma ás ferramentas coas que xa conta o Sistema Nacional de Protección Civil.
A subdelegada subliñou que estes exercicios son “imprescindibles para as autoridades, para poder mellorar a actuación diante unha emerxencia ou desastre, e tamén para probar o funcionamento de novas ferramentas como o Es-Alert”.
Tamén informou de que a Subdelegación participou nas reunións preparatorias e no desenvolvemento do exercicio, formando parte da dirección da emerxencia, e achega medios humanos para a execución a través dos Corpos e Seguridade do Estado.
En canto aos efectivos de seguridade, a subdelegada indicou que son 38 os efectivos de Policía Nacional e de Garda Civil que forman parte do simulacro. Detallou que por parte de Policía Nacional son 32 persoas, xa que participan 4 indicativos da Unidade de Intervención Policial (UIP) e 1 indicativo de radio patrulla. Pola súa banda, participan a Garda Civil de Tráfico e a Unidade de Seguridade Cidadá, achegando un total de 6 persoas.
Alertas nos móbiles
es-alert_gz62c8awiaahdym.jpgAs alarmas nos móbiles da cidadanía do concello da Coruña e dos municipios lindeiros comezaron a soar sobre as 10.40 horas (con repetición uns minutos despois por continuidade da emerxencia). Foi a parte final do simulacro organizado pola Xunta para comprobar o plan de emerxencia en caso de catástrofe. Contou con preto dun centenar de efectivos na planta de Repsol da Coruña.
A alarma viña motivada por un suposto incendio nun camión que carrexaba propano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?