Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cargoffer, gañadora do premio da Cámara da Coruña no marco de Impulsa Startup
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cargoffer, gañadora do premio da Cámara da Coruña no marco de Impulsa Startup

S. P.
Publicado: 15/10/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

camara_coruna_premios.jpgO marketplace loxístico Cargoffer foi o proxecto mellor valorado polo xurado do programa Impulsa Startup da Cámara da Coruña. Este martes 15 de outubro tivo lugar na sede da entidade o acto de presentación de proxectos do programa que foi lanzado este ano para axudar a emprendedores cunha idea de negocio de base tecnolóxica axudándolles a facer realidade os seus proxectos, ofrecéndolles apoio e acompañamento, tanto na fase inicial do proxecto como no seu desenvolvemento, ata construír un produto mínimo viable (MVP) para testear en mercado.
A primeira fase do programa que finalizou este 15 de outubro, a da maduración do negocio (Crea e Crece), está destinada a emprendedores cuxa idea de negocio sexa potencialmente escalable, é dicir, a tecnoloxía debe ter un papel protagonista no posterior crecemento e expansión da futura startup.
Os proxectos que participaron nesta primeira fase recibiron apoio dun titor da Cámara que os guiou por todo o proceso de formación, creación e validación da idea de negocio.
O proxecto de Cargoffer baséase nun marketplace loxístico terrestre onde as empresas publican as súas necesidades de transporte de mercadorías. A aplicación calcula os roteiros óptimos, restricións de circulación e paradas de reposición. O xurado, formado polo director xeneral da Cámara da Coruña, Manuel Galdo; o subdirector da entidade, Carlos Fernández; o socio fundador de Startups.st Venture Capital, Juan Carlos Bugallo e o responsable do programa na Cámara da Coruña, Luis Miguel González, elixiu esta proposta tendo en conta o esforzo durante o programa, é dicir, a formación, as mentorías e o traballo realizado durante o mesmo; a calidade do Investor Deck realizado durante o programa e a presentación realizada este martes 15.
O proxecto gañador recibiu unha axuda de 1.600€ para a consolidación do proxecto.
Outros proxectos presentados
• AMPM Music & Records: plataforma web de cursos profesionais e clases online de guitarra e produción musical, con obradoiros especializados; servizos de creación musical; mestura e masterización, ademais de tenda online.
• Coaching: curso de adestramento profesional (coaching) en liña que conta con ferramentas para chegar aos usuarios de maneira eficiente.
• Cúrame: trátase dun método de fabricación, rápida e eficiente, de pezas compostas en fibra de carbono de maneira que se prolongue a súa vida útil, co propósito de cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
• IA Licita: esta solución proporciona informes de licitación pública combinando tecnoloxía de Intelixencia Artificial con enfoques adaptativos para satisfacer as necesidades específicas de cada segmento de cliente.
• IFCAR: plataforma que xera informes de coches de segunda man e que permite realizar vendas e compras.
• TallKi: é unha plataforma que busca innovar na mercadotecnia publicitaria de rúa a través de tecnoloxías emerxentes, combinando códigos QR dinámicos, Intelixencia Artificial e Realidade Aumentada.
• The Wapp: trátase dunha app de pezas de roupa para eventos sociais a través da que se poden vender e comprar pezas doutros usuarios.
• Toi Toi Toi: aplicación web de xestión e promoción cultural, para todo tipo de empresas do sector con aplicación móbil e con información de todos os eventos creados.
Seguinte fase: Despega
A segunda fase do programa, Despega, cuxa convocatoria xa está aberta, destinarase a proxectos que teñan un produto mínimo viable (MVP) ou un prototipo testeado no mercado, que poderán comezar a desenvolver.
O emprendedor beneficiarase de mentorías personalizadas con expertos en materias adaptadas ás necesidades de cada empresa emerxente. A partir de aí, comezará a prospección de financiamento e a procura de investidores, ademais de fixar un plan de crecemento que incluirá unha estratexia de marca. Desta forma, axudarase aos emprendedores na preparación e presentación do proxecto a mentores e investidores. O Programa Impulsa Startup está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa de Educación e Formación, Emprego e Economía Social 2021-2027.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?