Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno inxecta 78 millóns de euros en préstamos participativos a prol do espírito emprendedor
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno inxecta 78 millóns de euros en préstamos participativos a prol do espírito emprendedor

S. P.
Publicado: 16/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

lineasenisa_2024.jpgO Consello de Ministros aprobou un novo paquete de investimento público para “que o número de pemes e o emprendemento innovador español siga crecendo a bo ritmo”. Trátase de 78 millóns de euros, que xestionados desde ENISA, organismo dependente do Ministerio de Industria, e Turismo, repartiranse en dúas liñas de financiamento.
A liña Peme terá un importe de 57.500.000 de euros. A segunda, destinada a Mozos Emprendedores, terá unha dotación de 20.500.000 de euros.
Os 78 millóns de euros en forma de préstamos participativos destinaranse a uns 431 proxectos empresariais innovadores impulsados por pemes, así como por emprendedores e emprendedoras, cun investimento inducido total estimado en 94.637.462 millóns de euros.
Para o ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, “esta nova cantidade mostra o compromiso do ministerio e do Gobierno de España por un sector fundamental que é reflexo dunha economía próspera que impacta nunha sociedade mellor. Cada unha das empresas que se beneficien destes 78 millóns de euros, ademais de crear emprego de enorme calidade, consolidarán sectores de gran importancia”.
Pola súa banda, Borja Cabezón, conselleiro delegado de ENISA, engade que “coa devandita inxección pública, que cada ano manifesta a súa utilidade, continuarase facilitando a creación de novas empresas e o seu impulso, impulsando así o talento e a cultura do emprendemento para facer de España un país próspero e punteiro tanto en Europa como no resto do mundo. As nosas empresas financiadas non teñen nada que envexar ás doutros países e exemplo diso son as máis de 7.800 empresas ás que apoiamos”.
O respaldo financeiro de ENISA ao ecosistema emprendedor innovador, a través destas liñas, vese complementado, ademais, coas liñas AgroInnpulso, Emprendedoras Dixitais e Audiovisual e Industrias Culturais e Creativas que permiten a redución de fendas como as diferenzas territoriais ou a igualdade de sexos.
Por outra banda, a certificación de empresas emerxentes, xestionada por ENISA por encargo do Goberno, está a permitir que este tipo de empresas accedan ás vantaxes e beneficios que lles ofrece a Lei de Startups. Xa son máis de 1.200 as empresas emerxentes innovadoras certificadas con este selo.
Sobre as liñas ENISA
O impulso financeiro de ENISA materialízase en préstamos participativos de entre 25.000 € e 1,5 M€. Trátase dunha alternativa de financiamento que, segundo informa a entidade, “axústase de maneira especialmente axeitada ás necesidades das pemes e as startups e non esixe máis aval nin garantía que un sólido proxecto empresarial e a solvencia profesional do seu equipo xestor”.
Para acceder ao financiamento de ENISA, toda a tramitación realízase a través da web de ENISA. Os proxectos deberán estar situados no territorio nacional, podendo pertencer a calquera sector, fóra de inmobiliario ou financeiro.
Algúns dos proxectos empresariais financiados por ENISA nas súas etapas iniciais ou en sucesivas fases de expansión son PLD Space, MásMóvil, Silbon, Bound4Blue, Komvida Kombucha, Izertis, Cooltra, Smartick ou Genially entre outras moitas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?