Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza en Santiago un programa para formar a 16 mozos e mozas en tecnoloxía web e produtos interactivos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza en Santiago un programa para formar a 16 mozos e mozas en tecnoloxía web e produtos interactivos

S. P.
Publicado: 16/10/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

santiago_genius_1729078421emprego1.jpgA concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, participou hoxe na apertura do programa de emprego Genius, a través do cal 16 mozos e mozas menores de 30 anos recibirán formación nas especialidades de desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web e desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos.
No acto tamén participaron a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén Docampo, e o director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Inmigración, Juan José Couce.
O programa, que conta cun orzamento de case 440.000 euros, enmárcase na iniciativa de emprego xuvenil e o programa operativo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) Galicia 2021-2027, e está co-financiado ao 60%. O proxecto desenvolverase ao longo de 12 meses, e os mozos e mozas participantes combinarán a súa formación cun contrato para realizar un traballo real, centrado no desenvolvemento de aplicacións móbiles de Realidade Aumentada sobre a ciencia e o talento.
genius_santiago_1729078433emprego2.jpgO alumnado do programa Genius desenvolverá unha aplicación móbil que, utilizando a tecnoloxía da Realidade Aumentada, faga visible o ecosistema do talento, a ciencia e a investigación en Santiago con diferentes recursos como o observatorio do talento en liña, para recompilar estudos e informes de axentes públicos e privados; ou o inventario/catálogo de espazos, infraestruturas e equipamentos a disposición do I+D+i. Ademais, “trátase de recoñecer a embaixadores e embaixadoras do talento de Compostela, dando visibilidade a profesionais de recoñecido prestixio e a estudantes con premios á excelencia académica, e promocionándoas/os para diferentes premios e actos de recoñecemento”.
Os obxectivos do programa Genius son aumentar a cultura científica da cidadanía de Compostela dunha maneira divertida que incentive a curiosidade pola ciencia, mostrar como os cambios científicos teñen mellorado a nosa forma de vida, e aumentar o recoñecemento dos científicos entre a comunidade en xeral.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?