Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As investigadoras da UDC Verónica Bolón e Cristina Blanco, Premios Nacionais de Investigación 2024
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As investigadoras da UDC Verónica Bolón e Cristina Blanco, Premios Nacionais de Investigación 2024

S. P.
Publicado: 17/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cristina_blanco_veronica_bolon_20241017-premios-nacionais-investigacion.jpg_172838568.jpgDúas investigadoras da Universidade da Coruña veñen de ser galardoadas nos Premios Nacionais de Investigación 2024, os cales contan con 20 modalidades dotadas con 30.000 euros cada unha. Trátase de Verónica Bolón Canedo, docente da Facultade de Informática da UDC e investigadora no CITIC e Cristina Blanco Sío-López, investigadora Distinguida Sénior da Facultade de Socioloxía.
Ambas as dúas investigadoras foron galardoadas na categoría dos Premios Nacionais de Investigación para persoal investigador menor de 40 anos. No caso de Cristina Blanco, na Modalidade María Moliner, onde resultou premiada pola súa excelente carreira científica en Historia Contemporánea. O xurado destacou a súa traxectoria no ámbito internacional e os seus recoñecidos estudos sobre o proceso de integración europeo.
Verónica Bolón foi premiada na categoría María Andresa Casamayor polo “seu excelente traballo en múltiples áreas da aprendizaxe automática, destacando a investigación para a promoción da sustentabilidade da Intelixencia Artificial, con clara aplicación social, usando os seus algoritmos de selección de características para o diagnóstico de enfermidades ou a detección de verteduras no océano”.
Cristina Blanco Sío-López
Cristina Blanco Sío-López, Premio Nacional de Investigación (PNI) María Moliner de Humanidades 2024 (Modalidade Talento Novo) é investigadora distinguida sénior no Equipo de Investigación Sociedades en Movemento (ESOMI) da UDC, onde traballa como investigadora principal (IP) do proxecto de Consolidación Investigadora FREEMOVEU. En 2024-2025 foi elixida como visiting fellow no Centro de Humanidades da Universidade de Cambridge (Reino Unido).
As súas liñas de investigación céntranse na historia do proceso de construción europea, cun acento en factores de paz sostible, dereitos de mobilidade humana e a indución de percepcións temporais desde 1989. Foi Marie Skłodowska-Curie senior global fellow na Universidade de Pittsburgh (Pennsylvania, EE.UU.) e na Università Ca’ Foscari dei Venezia (Italia). Anteriormente foi profesora asistente de Cultura e Política Europea na Universidade de Groningen (Países Baixos). Previamente foi investigadora de Estudos Europeos no Centro de Estudos Europeos – St. Antony’s College da Universidade de Oxford. Obtivo o seu doutoramento no European University Institute of Florence (EUI). Blanco é tamén membro da Royal Historical Society (RHS) en Londres, así como académica de número da Academia Joven de España (AJdE) e da Young Academy of Europe (YAE). Foi Membro do Comité Executivo da Global Young Academy (GYA).
Verónica Bolón Canedo
Verónica Bolón Canedo é profesora e investigadora na Universidade da Coruña. Traballa en temas de investigación relacionados con varias áreas da IA, especialmente en aprendizaxe máquina e algoritmos verdes. É autora de dous libros, varios capítulos de libro, un libro editado, e máis de 100 artigos en congresos internacionais e revistas de alto impacto. Recibiu numerosos recoñecementos á súa excelente traxectoria científica e profesional, como o premio Dona TIC Revelación da Generalitat de Catalunya, o premio Ada Byron do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia, ou a medalla a Jóvenes Investigadores da Real Academia de Ingeniería. É académica de número da Academia Joven de España e académica correspondente da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, sendo a muller máis nova da corporación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?