Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza a conta atrás para o inicio do congreso Corunna Innovate Summit 2024
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza a conta atrás para o inicio do congreso Corunna Innovate Summit 2024

S. P.
Publicado: 18/10/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

corunna_innovate_summit-2.jpgA empresa DataSpartan organiza a semana vindeira (os días 24 e 25 de outubro) o evento Corunna Innovate Summit, edición 2024. Será novamente no Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade das TIC e no seu transcurso porase o foco nas frontes (moitas) de transformación da Intelixencia Artificial, que segundo apuntan dende a organización, “están a mudar as nosas organizacións e a nosa vida cotiá”. No evento, explican, “poderemos descubrir como os expertos, as startups e as empresas innovadoras traballan con estas tecnoloxías disruptivas, entre as que se atopan a IA, o Big Data ou o Machine Learning, entre outras”.
O programa inclúe relatorios de Amparo Alonso, profesora e investigadora en IA do CITIC da UDC; Paco Nathan, enxeñeiro principal DevRel en Senzing e científico informático; Rocío Vega Martínez, responsable de dixitalización en Reganosa e experto en Enxeñaría Matemática; Antonio Fabregat, líder de grafos do coñecemento en AstraZeneca e experto en Ciencias da Computación; David Vázquez, responsable de Desenvolvemento de Negocio en ITG DroneSolutions e licenciado en Dereito; Fernando Manzanera, líder técnico Fatiga e Tolerancia ao Dano en CT Enxeñeiros Enxeñeiro Aeroespacial; Kadripathi KN, enxeñeiro de IA en IONA Drons UK (licenciado en Tecnoloxía – Aeroespacial, Aeronáutica e Astronáutica); Enrique Vesteiro Rivas, responsable de Investigación, Desenvolvemento e Innovación en Grupo Cofrico e enxeñeiro industrial superior; Dimitrios Athanasakis, enxeñeiro principal de Intelixencia Artificial no Centro de Intelixencia Artificial en AstraZeneca, experto en Machine Learning; e Ioannis Alexandros Antonoglou, CTO e co-fundador de Reflection AI, ademais doutor en Filosofía – PhD Intelixencia Artificial.
Na inauguración estarán presentes Ricardo José Cao Abad, reitor da Universidade da Coruña (UDC), e Rosa Ana García López, deputada de Industria, Empresa, Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica.
O evento conta coa colaboración da Deputación da Coruña, Clúster TIC Galicia, do Colexio Profesional de Eseñería en Informática de Galicia (CPEIG), do Consorcio de Turismo de A Coruña e do Centro de Servicios Avanzados (CSA).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?