Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Conclúe o VII Congreso XoveTIC, cun 48% máis de traballos presentados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Conclúe o VII Congreso XoveTIC, cun 48% máis de traballos presentados

S. P.
Publicado: 18/10/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

clausura_citic_entrega_premiso_xovetic.jpgO VII Congreso XoveTIC, organizado polo Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña, rematou este venres 18 de outubro coa entrega de premios, tras dúas xornadas de intensa actividade.
Dende o CITIC lembraron que este ano o evento experimentou “un gran crecemento, cun total de 74 traballos presentados fronte aos 50 da edición anterior, o que representa un medre do 48% con respecto do ano pasado”. Ademais, a participación de 120 investigadores júnior consolidou o congreso como un foro clave para o intercambio de ideas e a presentación de avances no ámbito das TIC, sinalou o centro da UDC.
Durante a cerimonia de clausura, entregáronse 9 premios que recoñecen a excelencia nos traballos máis destacados do congreso. Cada galardón ten unha dotación económica de 300 euros. O Premio Fundación CITIC foi outorgado polo comité científico que avalía os proxectos presentados, mentres que os Premios Clúster TIC Galicia ao mellor póster e á mellor comunicación oral foron seleccionados mediante votación popular entre os asistentes.
Así, resultaron gañadores:
-Mellor Comunicación Oral para Lara Pallas Quintela, Ángel Regueiro, Carlos Dafonte, Minia Manteiga, Raúl Santoveña e Daniel Garabato por Removing Reddening to Enhance Gaia’s XP Spectra Clustering.
–Mellor Póster para Santiago Fernández-Noriega Balseiro, Iago Fernández Garrido, Jerónimo José Pardo Rodríguez, Laura Nieto Riveiro, Ángel Gómez e María Martínez Pérez por CuidaconTIC: Captura y utilización de datos de wearables para la calidad de vida en los cuidados.
–Premio Fundación CITIC para a investigación de María González e Hiram Varela sobre Simulation of fluid flow through composite materials.
–Premio CICAS-Sngular para Eliseo Bao, Anxo Pérez e Javier Parapar polo seu traballo titulado Adapting Large Language Models for Underrepresented Languages (Cabuxa, o ChatGpt galego).
–Premio ITG ao traballo Implementation of a User Anonymity Application using a Privacy-Preserving Entropy-as-a-Service with Quantum Security dos autores Iván Cillero Seijas, David Soler García, Francisco Javier Nóvoa Manuel, José Carlos Dafonte Vázquez, Ana Fernández Vilas e Manuel Fernández-Veiga.
–Premio Cátedra R para Pedro García Cereijo, Paula Fraga Lamas e Tiago M. Fernández Caramés pola súa investigación titulada Sistema de almacenamento seguro mediante IPFS e oráculos para aplicacións descentralizadas baseadas en blockchain.
–Premio Cátedra ALDABA-WIB (Women, ICT & Business) ao traballo Effectiveness of Virtual Reality in Reducing Public Speaking Anxiety: A Pilot Study de María Oliveira, Raquel Simões de Almeida, Paulo Veloso Gomes, João Donga, Bruno Teixeira, António Marques e Javier Pereira.
–Premio Cátedra NTT Data a Lucas Alonso de San Segundo e Adriana Dapena polo seu traballo titulado Aplicación para tablet para traballar as rutinas, o sentido do humor e a comprensión dos sentimentos a través de diferentes xogos en persoas con TEA.
–Premio CPEIG a Jorge Paz Ruza, Alex A. Freitas, Amparo Alonso Betanzos e Bertha Guijarro Berdiñas por Aprendizaje Positivo sin Etiquetas para Identificar Nuevos Genes Relacionados con la Restricción Dietética.
O acto de clausura contou coa participación de diversas autoridades como Jerónimo Puertas Agudo, Vicerreitor de Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña; Antonio del Corral, en representación do Cluster TIC Galicia; Juan Ignacio Borrego, concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica del Concello da Coruña, Mariano Javier Cabrero Canosa, decano da Facultade de Informática da UDC e Javier Pereira Loureiro, Subdirector do CITIC.
Temáticas abordadas
A través das 46 comunicacións orais e os 28 pósteres, o congreso abrangueu unha ampla gama de temáticas de actualidade dentro do ámbito TIC. Entre os temas tratados destacaron os avances en Intelixencia Artificial aplicada á análise de datos deportivos, tecnoloxías inmersivas para a formación en contornos complexos, e o uso de ferramentas dixitais para a mellora da calidade de vida en persoas con necesidades especiais. Tamén se abordaron cuestións clave como a preservación de linguas minoritarias a través de modelos de procesamento da linguaxe natural, e o desenvolvemento de novas metodoloxías baseadas en aprendizaxe automática aplicadas a áreas como a saúde dixital e a biotecnoloxía.
“Estas investigacións reflicten o carácter interdisciplinar das TIC e o seu impacto en sectores tan diversos como o deporte, a saúde, a educación e a preservación cultural, destacando o potencial destas tecnoloxías para transformar e mellorar diversos aspectos da sociedade”, explicou o CITIC.
Gran participación
O VII Congreso XoveTIC supuxo un éxito tanto en participación como en calidade das contribucións. Os organizadores subliñaron o aumento do número de traballos, así como o elevado nivel das investigacións presentadas. O congreso consolídase, ademais, como un espazo fundamental para a formación de investigadores emerxentes e a promoción da colaboración entre a universidade e o sector empresarial, favorecendo a transferencia de coñecemento e a innovación tecnolóxica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?