Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O estudo da AI sobre a calidade de banda larga pon a Movistar como líder en fixa e móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O estudo da AI sobre a calidade de banda larga pon a Movistar como líder en fixa e móbil

S. P.
Publicado: 21/10/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

analise_calidade_banda_larga_galicia.jpgA Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) compartiu con ós os datos recentes sobre o mercado tecnolóxico da Asociación de Internautas (AI), que vén de facer público o seu Estudo sobre a calidade da banda larga en España de 2024 e no que colabora novamente a organización galega. Desta volta, Movistar salienta como a mellor operadora tanto en banda larga fixa (BLF) como móbil (BLM), consolidándose como líder grazas á súa solvencia técnica e a unha excelente xestión de avarías.
Máis polo miúdo, Movistar lidera o ránking con 8,71 puntos en banda larga fixa e 7,80 puntos en banda larga móbil. O baixo índice de avarías en Internet (0,17%) e os tempos de reparación rápidos (46,4 horas) colocan á empresa moi por diante das súas competidoras. Estes datos amosan “a súa eficiencia en xestionar incidencias” e a “calidade dos seus servizos (estabilidade e velocidade)”.
No último posto atopamos a Vodafone, que ten a nota media máis baixa (6,05), e que pecha a listaxe en banda larga móbil con 5,38 puntos. O estudo confirma que Vodafone non só ten os peores resultados en caudais de descarga, senón tamén un tempo de reparación elevado e un alto volume de reclamacións (6,60), o que multiplica por máis de 14 as de Euskaltel, a operadora con menos reclamacións (0,46).
En canto a Euskaltel, que ata o de agora presentaba ofertas asimétricas, conseguiu mellorar de maneira considerable e agora figura entre os mellores en banda larga fixa, cunha puntuación de 8,07 puntos. Asemade, salienta como a operadora con menos reclamacións no mercado español.
No apartado de reclamacións de servizos converxentes, aqueles que inclúen Internet, a Oficina de Atención ao Usuario de Telecomunicacións e Servizos Dixitais (OAUT) sinala que Movistar é a segunda operadora con menos reclamacións, cunha taxa de 1,10 reclamacións por cada 1.000 usuarios e usuarias. Só Euskaltel, con 0,46, presenta mellores datos. Pola contra, Vodafone é o peor valorado neste apartado, como xa sinalamos.
En banda larga fixa, todas as operadoras superan o 95% do caudal de descarga comprometido, agás Vodafone (89%) e Digi (92%). En canto á velocidade de subida, tamén se observan boas marcas, con todas as operadoras por enriba do 95%, andándolle preto R (94,78%) e Digi (91%). En xeral, as velocidades en banda larga fixa non presentan grandes diferenzas.
Pola contra, a situación cambia no eido da banda larga móbil. Aquí, os caudais de descarga non chegan ao 40% do contratado en ningunha operadora. O estudo confirma que os peores rexistros pertencen ao grupo Másmovil e a Digi, con cifras por debaixo do 30%. No que respecta ao caudal de subida, Movistar salienta cun 66 e Másmovil acada un 69%. Vodafone e Orange superan o 45%, mentres que Digi, volta a ficar na última posición con só un 41%.
En resumo, o Estudo 2024 conclúe que, malia as melloras nas infraestruturas de banda larga en España, aínda existen grandes diferenzas entre as operadoras: Movistar, cunha xestión técnica eficiente e rápida resolución de avarías, sobresae como “o líder absoluto tanto en redes fixas como móbiles”, mentres que operadoras como Vodafone “seguen tendo desafíos significativos en termos de calidade de servizo e tempos de resposta ante incidencias”, confirma a UCGAL.
O estudo tamén tira como resultado a importancia de avanzar cara á plena conectividade de alta velocidade en todo o territorio, incluíndo municipios pequenos e zonas rurais. Tecnoloxías como a fibra óptica e o 5G son esenciais para garantir unha cohesión social e territorial efectiva. A Unión de Consumidores de Galicia fai un chamamento para reforzar a colaboración público-privada co fin de universalizar o acceso á conectividade, reducindo a fenda dixital e cumprindo os obxectivos do Plan España Dixital 2026.
Para rematar nesta análise reflíctese que alén das infraestruturas, é decisivo garantir que toda a poboación teña acceso aos dispositivos precisos e conte con formación tecnolóxica abonda para aproveitar ao máximo a dixitalización.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?