Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello e a cidadanía de Muros colaboran co Proxecto Nós para crear tecnoloxías intelixentes que falen galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello e a cidadanía de Muros colaboran co Proxecto Nós para crear tecnoloxías intelixentes que falen galego

S. P.
Publicado: 21/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

proxecto_nos-2.jpgO próximo 29 de outubro, o Concello de Muros participará activamente na campaña de captación de voz organizada no marco do Proxecto Nós, unha iniciativa impulsada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Lingua), co obxectivo de promover a presenza da lingua galega nas novas tecnoloxías, máis concretamente no ámbito da Intelixencia Artificial e en asistentes virtuais avanzados como Siri ou Alexa.
Esta xornada terá lugar na aula CEMIT do Centro Cultural e Xuvenil de Muros, en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.
Dende o Concello confirmaron que a participación só require 15 minutos, e todas as persoas que colaboren recibirán un libro e un caderno de agasallo.
doazon_de_voz_politica_linguistica.jpgA concelleira de Lingua, Laura Rivadeneira, lanzou un chamamento a toda a veciñanza para que faga a súa achega en prol da nosa lingua, destacando a importancia de iniciativas como esta para mellorar os datos recentes sobre o uso do galego. “É fundamental que todas e todos colaboremos para garantir o futuro do galego no ámbito dixital, e esta é unha oportunidade única de contribuír directamente a que a nosa lingua teña un maior peso nas tecnoloxías do presente e do futuro”, subliñou.
Proxecto Nós
O Proxecto Nós busca garantir que o galego forme parte dos avances dixitais, desenvolvendo ferramentas tecnolóxicas que permitan a interacción na nosa lingua, tanto de forma oral como escrita.
Entre os obxectivos do proxecto, inclúese a creación de sistemas de recoñecemento de voz, síntese de fala, tradución automática e asistentes virtuais que “entendan” e “falan” galego. Isto permitiría, por exemplo, que os galegofalantes puidesen dar ordes en galego a dispositivos como o GPS, asistentes virtuais como Siri ou Alexa, ou ditar textos de maneira fluída.
Para lograr isto, cómpre recoller unha gran cantidade de audios en galego, que serán utilizados para adestrar os sistemas de IA. A recollida de voces farase tanto en liña, a través da plataforma Doa Galego, como de maneira presencial en distintos concellos galegos, entre os que se inclúe Muros e, hai só uns días, Ribeira.
Para participar individualmente, en grupo desde asociacións ou centros de ensino, é preciso contactar co Servizo de Normalización Lingüística a través do teléfono 981 826 050 ext. 3109.
Con esta colaboración, o Concello de Muros contribúe a que a lingua galega avance nas tecnoloxías de recoñecemento de voz e interacción dixital, garantindo que as xeracións futuras poidan utilizala con total normalidade en todos os ámbitos tecnolóxicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?