Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae brinda recursos para mellorar o día a día das e dos responsables de equipos TI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae brinda recursos para mellorar o día a día das e dos responsables de equipos TI

S. P.
Publicado: 22/10/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

vitae_responsabel_xefe_proxectos_ti.jpgVitae Consultores vai ofrecer en novembro unha nova actividade dirixida a facilitar o traballo dos equipos profesionais de desenvolvemento tecnolóxico. Trátase do curso Xestión Emocional e Control da Tensión para Xefes de Proxecto e Equipos TI, de seis horas de duración. Levarase a cabo en formato de aula virtual os días 25 e 28 de novembro. A formación pon o foco na figura do xefe de proxecto e nas ferramentas das que pode botar man para optimizar o seu quefacer cotián.
Para Vitae, trátase dun profesional clave no correcto funcionamento da empresa, “un posto con mancheas de frontes abertas, suxeito á tensión continua dos resultados, das entregas, dos cambios, das esixencias, das demandas, e das présas”. Neste contexto “resulta crucial a capacidade de xestionarnos emocionalmente a nós mesmos, aos nosos equipos de traballo e á nosa contorna laboral, botando man dunha axeitada intelixencia emocional para conseguirmos os obxectivos esperados (persoais, de equipo e empresariais)”, explica a consultora galega.
Vitae engade a este respecto que “unha mala xestión poderanos levar ao malestar, á preocupación e a unha tensión maior do desexado, producindo en nós un desgaste e un desequilibrio emocional e persoal importante”, e, ademais, “de non canalizarmos a tensión ás veces inevitable dunha maneira axeitada, afectará negativamente ao noso estado de ánimo, ao noso rendemento, ao noso benestar e á nosa saúde mental”. Pola contra, unha adecuada xestión emocional implicará unha mellor saúde mental, maior equilibrio e benestar persoal, maior confianza e percepción de control, así como unha maior satisfacción e rendemento laboral tanto persoal como dos nosos equipos.
proxectos_ti_vitae_xefe.jpg “Por todo isto”, explica a consultora galega, “é importante dotar aos xefes de proxecto das ferramentas de xestión e intelixencia emocional indicadas para afrontar todas estas dificultades coas que se enfrontan decote”.
Seguindo este fío, Vitae propón “un obradoiro orientado a traballar directamente con aquelas situacións que actualmente nos están xerando tensións, con aquelas situacións que nos producen un desaxuste e desequilibrio emocional importante”.
Obxectivos do curso
-Proporcionar aos xefes de proxecto as competencias de intelixencia e xestión emocional para afrontar dunha maneira máis adecuada as situacións estresantes que se presentan no seu ámbito laboral e que xeran un desaxuste e desequilibrio persoal significativo.
-Desenvolver a intelixencia emocional, intra e interpersoal, dos xefes de proxecto partindo das experiencias e situacións tensións ás que se enfrontan habitualmente.
-Favorecer o rendemento laboral dos xefes de proxecto e os seus equipos de traballo desenvolvendo e potenciando competencias de intelixencia emocional.
-Promover o benestar persoal e laboral dos xefes de proxecto, así como previr problemas de saúde mental.
A persoa encargada de impartir estes contidos será Pelayo Suárez, psicólogo xeral sanitario, especialista en diagnóstico e educación ambiental, experto en neuropsicoloxía e mestrado en Psicoloxía da Actividade Física e o Deporte. Durante 25 anos desenvolveu o seu labor con diferentes problemáticas (ansiedade, estrés, depresión, traumas, intelixencia e educación emocional, liderado, comunicación, alto rendemento deportivo, cohesión de equipos, etc) con diferentes poboacións (adultos, adolescentes e nenos) e en diferentes contextos de vida (sanidade, empresas, universidades, deportes, exclusión social, persoas sen fogar, menores en risco, discapacidade intelectual). Traballou e colaborou tanto na clínica privada como con diversas institucións e empresas (Clínicas San Lázaro, Centro SUMA, ARCA-Gabinete de Psicoloxía, Optare Solutions, Bosch-Services and Solutions, Hospital Pedro Hispano-Matosinhos, Universidade do Minho – Braga, Centro Residencial e Ocupacional Esclavas de la Virgen Dolorosa, Centro de Acollida para Persoas sen Fogar Juan Pablo II, ASPAVI – Centro Ocupacional, Alborada – Centro de Día de Atención ao Menor, Colexio Montecastelo (Vigo), Colexio Rosalía de Castro (Vigo), Real Club Celta de Baloncesto Feminino, Federación Galega de Baloncesto, Club FLic-Flac de ximnasia acrobática así como numerosos deportistas de diferentes modalidades deportivas).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?