Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A CRTVG aproba a produción de 12 proxectos dixitais en galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A CRTVG aproba a produción de 12 proxectos dixitais en galego

S. P.
Publicado: 22/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

agalega.gal.jpgDende a CRTVG veñen de anunciar o seu apoio a 12 novos proxectos no marco da súa convocatoria de selección de produtos dixitais en lingua galega. A CRTVG producirá estes proxectos cunha achega de 300.000 euros segundo informaba o pasado venres 18 de outubro o director xeral da Corporación no Parlamento de Galicia, Alfonso Sánchez Izquierdo, quen aproveitou para subliñar a colaboración dos medios públicos galegos cos profesionais e produtoras do sector audiovisual de Galicia na súa comparecencia mensual ante a Comisión de Control á CRTVG.
Indo aos traballos en cuestión, dicir que serán 12 proxectos entre os que atoparemos: contidos divulgativos, infantís, de lecer, humor ou cultura sobre moi distintos eidos e todos eles teñen en común que están creados de xeito específico para a contorna dixital, polo que os proxectos, que reciben ata 25.000 € para a súa produción, serán emitidos a través das diversas plataformas dixitais da CRTVG, fundamentalmente AGalega.gal e a aplicación infantil Xabarin.gal.
Nesta resolución aprobáronse os seguintes 12 proxectos: Canta miña compañeira, de Aqueladas S. Coop. Gal. Xuvenil, unha serie documental que explora a evolución da música popular galega a través das mulleres que a mantiveron viva. Galicia Vertical, de Cesmedia Audiovisual, é unha serie documental na que cada episodio amosa un recuncho único de Galicia, revelando maxestosos cantís, paredes de rocha impresionantes e lugares secretos que só as e os escaladores coñecen. Lixa e verniz, de Chiripa Producións S.L.U., un programa presentado por Daniela, unha carpinteira nova que ten unha misión: axudar a reciclar móbeis e outros elementos para darlles unha segunda vida con moito estilo. Réxime, de CRU Producións S. Coop. Galega. unha serie hibridada entre un
programa de cociña e un documental de divulgación, que aborda as presións estéticas ás que somos sometidas as persoas e as súas consecuencias. Respira, de Margherita Morello, unha serie de meditacións guiadas en galego pensadas para levar á audiencia a un estado de benestar emocional. Bonito con Bonito, de Raquel Arias Ruiz, é un programa que achega unha visión cómica do mundo da costura a través dos ollos de alguén que claramente preferiría estar facendo calquera outra cousa. NailClue, de Cristela Torres Nine, é un programa no que tres artistas manicuristas compiten entre si para elaborar en cinco horas o deseño de uñas postizas que mellor encaixe coa personalidade dun cliente misterioso. Galicia Diversa, de Miramemira, S.L., un programa concibido para dar voz e
visibilidade ás galegas e galegos con discapacidade e/ou diversidade funcional, as súas familias e os profesionais e voluntarios que os asisten. Pipo, de Undodez Producións, S.L. Serie de animación en 2D destinada a rapaces e rapazas de entre cinco e oito anos. Galiworld, de Henfunk Studio, serie de animación 2D para menores de 6 anos, en Galiword todos os seus habitantes son galiñas e pitos, cada día é unha aventura. Tesouros da ría, de Álvaro Trigo Cabaleiro, é unha miniserie de animación 3D destinada a un público infantil-xuvenil que acompaña dous cazatesouros, Sara e
Roque, na busca de tesouros na ría de Viladaponte. Galicia no espello, de Sombriza Films, S.L., serie documental en que Galicia será descuberta a través das verbas dos seus escritores e escritoras. Diferentes puntos de vista confluirán para crear un retrato plural e diverso: visións sobre a confluencia do rural e o urbano, as cuestións LGTBI ou perspectivas de escritores inmigrantes que xa son galegos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?