Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O congreso da Alianza Net-Zero MAR analiza no ITG as solucións tecnolóxicas descarbonizar portos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O congreso da Alianza Net-Zero MAR analiza no ITG as solucións tecnolóxicas descarbonizar portos

S. P.
Publicado: 22/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

itg_2024_10_22_congreso_net_zero_mar-1.jpgNa mañá deste martes 22 de outubro celebrouse a 1ª xornada do Congreso Anual da Alianza Net-Zero MAR, un evento organizado pola Alianza xunto co centro tecnolóxico galego ITG. O evento desenvólvese durante os días 22, 23 e 24 na sede de ITG, na Coruña, co obxectivo avanzar na descarbonización do sector portuario e do transporte marítimo en España. Na inauguración do congreso, a cargo da Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, estiveron tamén o director de Planificación e Desenvolvemento de Portos do Estado, Manuel Arana; o presidente da Alianza Net-Zero Mar, Javier Cervera; e o presidente de ITG, Antonio Couceiro.
Ao longo de tres días, máis de 150 profesionais de empresas e administracións do sector marítimo portuario de toda España debaterán acerca das diferentes solucións tecnolóxicas dispoñibles a curto, medio e longo prazo para reducir emisións na actividade portuaria e nos servizos de transporte marítimo. Na primeira xornada participará, entre outros, a directora de Mercados de Carbono Europeos da Comisión Europea (DG CLIMA), Beatriz Yordi.
Tamén se celebrou unha sesión sobre tecnoloxías de enerxías renovables offshore e necesidades loxísticas no ámbito marítimo-portuario, con participación de Puertos del Estado, as Autoridades Portuarias da Coruña e Castelló e BlueNewables. A continuación, na mesa de debate sobre subministro eléctrico a buques, presentouse o primeiro estudo realizado pola Alianza Net-Zero MAR sobre subministración eléctrica en portos españois. Entre os resultados do estudo mostráronse as necesidades de potencia do sistema portuario español, así como o investimento estimado para cumprir coa normativa europea.
Trala presentación do estudo sobre OPS, continuaron as intervencións de Juan Bogas, do operador do mercado enerxético OMIE, para explicar a evolución do perfil horario de demanda eléctrica e o spread de prezos no mercado. Así mesmo, o xefe de Servizos para Terceiros de RedeIA explicou os plans de adaptación da rede eléctrica española para a descarbonización da economía. Tamén houbo un panel de debate con participación de representantes de RedeIA, Portos do Estado, as distribuidoras Iberdrola e Endesa, e as asociacións AELEC e EOPSA. O programa de conferencias do primeiro día pechouse coa intervención de Josep María Salas, conselleiro da CNMC, que tratou o caso da subministración eléctrica a buques na estrutura de peaxes eléctricas.
O evento conta cun programa de conferencias e paneis de debate no que participan representantes de empresas e administracións; unha área de exhibición na que se expoñerán as solucións tecnolóxicas para a descarbonización deseñadas por empresas punteiras neste ámbito e visitas ao Porto da Coruña, as instalacións de Navantia FENE e Galaxy-Lab, o centro de experimentación avanzada en Intelixencia Artificial de ITG.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?