Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Valentín García acompaña á cativada de Chantada na primeira doazón de voz infantil do Proxecto Nós
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Valentín García acompaña á cativada de Chantada na primeira doazón de voz infantil do Proxecto Nós

S. P.
Publicado: 22/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

proxecto_nos_voces_chantada_secretaria_xeral_lingua.jpgO secretario xeral da Lingua, Valentín García, achegouse esta mañá á vila de Chantada para acompañar á veciñanza na xornada de captación de voces galegas no marco do Proxecto Nós impulsado pola Secretaría e a USC (co obxectivo de afianzar o galego nos máis avanzados servizos da Intelixencia Artificial) e que neste caso contou coa colaboración do concello lucense.
García, que foi recibido polo alcalde do municipio, Manuel Lorenzo, mostrouse moi satisfeito coa gran participación nesta iniciativa que supuxo ademais “a primeira experiencia piloto na doazón da cativada, un recurso que enriquece en boa maneira o noso banco de voces, no que buscamos variedade”. Así, agradeceu a colaboración do alumnado do CEIP Plurilingüe Xoán Requeixo, do seu profesorado e das persoas adultas que deron o seu consentimento para a actividade.
proxecto_nos_voces_chantada_secretaria_xeral_lingua_2.jpg Valentín García lembrou que o Proxecto Nós e a recollida de voces (dirixida a permitir que os grandes asistentes virtuais avanzados como Siri ou Alexa poidan falar e entender o galego) trata dunha das propostas “máis ambiciosas” do Goberno galego dentro do conxunto de medidas que se veñen desenvolvendo “para que a nosa lingua teña presenza en todos eidos, neste caso nun tan importante como é o dixital, un dos ámbitos nos que facemos fincapé para afianzar o uso do galego sobre todo entre os máis novos”.
O secretario xeral tamén salientou a “a importancia da colaboración da poboación para seguir avanzando na xeración de recursos, co obxectivo de poder interactuar na nosa lingua nas plataformas tecnolóxicas”. Para iso, incidiu, “son esenciais campañas como esta, coa que pretendemos recoller a maior cantidade de horas gravadas en galego, recompilando a fala de distintos lugares e de persoas de diferentes idades, garantindo así que as ferramentas do proxecto funcionen ben”.
Campaña de recollida de voz
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude está a desenvolver a segunda fase da campaña de recollida de voz cun calendario que chegará ata 16 concellos de diferentes comarcas de Galicia, de maneira que as persoas que o desexen poidan acudir ás aulas CEMIT (habilitadas pola Xunta con ordenadores e internet para uso da cidadanía) de xeito presencial para facilitar a súa mostra vocal. Ademais, calquera persoa pode facelo telematicamente a través do portal Doa a túa voz.
Ferramentas desenvolvidas
A Secretaría Xeral informa que na web do Proxecto Nós xa se pode experimentar de maneira libre con tres aplicacións baseadas en redes neuronais artificiais desenvolvidas en fase de demostración: unha ferramenta que permite a conversión de texto a voz, o primeiro tradutor neuronal feito en Galicia e un sistema de recoñecemento da fala. É para este último recurso, que permitirá que calquera máquina recoñeza a voz dunha persoa cando se dirixa oralmente a ela en galego, polo que se pon en marcha esta campaña presentada en Chantada este martes 22. Deste xeito, a plataforma Common Voice, a través da que se desenvolve a iniciativa da recollida de voces, conta con 700.000 frases en galego (agárdase que se supere o millón nos vindeiros meses) que precisan ser lidas, co obxectivo de acadar as 1.000 horas de gravación.
Valentín García explicou que os devanditos son “algúns dos últimos avances do proxecto que no pasado mes de xuño presentou Carballo, o primeiro modelo lingüístico de Intelixencia Artificial para o galego, un paso histórico que permitirá o desenvolvemento de sistemas intelixentes creados especificamente nesta lingua”. Coñécese como modelo fundacional, por ser a peza básica para construír tradutores, correctores ou chatbots, entre outras ferramentas, engadiu.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?