Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta tirará proveito das TIC para mellorar o tratamento dos residuos industriais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta tirará proveito das TIC para mellorar o tratamento dos residuos industriais

S. P.
Publicado: 23/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

priga.jpgNa xornada deste martes 22 de outubro Vigo acollía o encontro Unidos por unha Galicia sostible, organizada pola Xunta e a Asociación Profesional de Empresas Medioambientais (APROEMA) para presentar o novo Plan de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA), a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, subliñou o grande esforzo para potenciar o uso de medios electrónicos automáticos das entidades produtoras e das empresas xestoras destes residuos.
Dende a Xunta insisten en que queren aproveitar as vantaxes e posibilidades que achegan as novas tecnoloxías para optimizar e seguir avanzando no tratamento automatizado dos datos relacionados coa produción, traslado e xestión dos residuos de orixe industrial.
Ángeles Vázquez afirmou que co fin de facilitarlles o cumprimento das súas obrigas legais neste eido (xa que lembrou que unha das particularidades dos refugallos industriais é que o propio produtor se responsabilice de que o residuo reciba o tratamento correcto) a Xunta foi unha das primeiras administracións autonómicas en poñer á disposición do sector programas e sistemas informáticos, como o SIRGA e a plataforma de información ambiental Gaia, para facilitarlles este labor. Asemade, anunciou que se prevé asinar un acordo de cooperación coa Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para optimizar a comunicación de datos de produción e xestión por parte dos axentes que operan na cadea de valor dos refugallos industriais.
As accións de mellora centraranse na plataforma Gaia, punto de acceso único no que se agrupan os diferentes datos e aplicacións sectoriais existentes en materia ambiental.
A conselleira lembrou que o sector dos residuos dá traballo directo en Galicia a máis de 7.000 persoas, animou aos representantes do tecido produtivo asistentes (máis dun medio cento de persoas) a aproveitar as “grandes oportunidades de negocio” que achega e o seu alto potencial de crecemento. Referiuse á necesidade de construír instalacións para xestionar residuos emerxentes como, por exemplo, pas de aeroxeneradores eólicos, paneis fotovoltaicos ou baterías de vehículos eléctricos. Neste senso, Vázquez Mejuto avanzou que entre as liñas de axudas que sacará en 2025 o seu departamento para empresas, haberá subvencións para apoiar proxectos de I+D encamiñados ao tratamento deste tipo de refugallos industriais.
Cómpre lembrar que a Xunta aprobou o pasado mes de maio o novo Plan sectorial de xestión de residuos industriais de Galicia como a folla de ruta a seguir no período 2024-2030 co obxectivo de facilitar ao tecido empresarial a implantación dun modelo de economía circular que lle axude a cumprir coas esixencias das normativas comunitarias, estatais e autonómicas en materia de residuos. O obxectivo xeral é reducir nun 20% a xeración dos refugallos industriais na Comunidade de aquí ao final da presente década. Para avanzar nesta transición, o PRIGA prevé mobilizar un investimento duns 75 millóns de euros ata 2030 para cumprir cos obxectivos establecidos.
Para concluír a conselleira informou que “non se parte de cero” xa que no marco do anterior PRIGA acadáronse avances como a redución do vertido en liñas xerais (84% dos residuos industriais xestionados en Galicia xa se valorizan para obter outros produtos) ou a consecución de todos os obxectivos en materia de residuos agrarios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?