Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC participa na Cidade das TIC no congreso Coruña Innovate Summit
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC participa na Cidade das TIC no congreso Coruña Innovate Summit

S. P.
Publicado: 23/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cidade_das_tic_csa.jpgO Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade das TIC acollerá os días 24 e 25 de outubro o Coruña Innovate Summit, un encontro organizado por Data Spartan que reunirá a novas firmas innovadoras (startups), empresas e profesionais que traballan coas tecnoloxías máis innovadoras que darán forma ao futuro dos seus sectores. A UDC confirmou a súa participación na cita dando o seu apoio dende a Cidade das TIC e, tamén, achegando relatorios de primeiro nivel.
O evento Coruña Innovate Summit porá o foco nas novidades en materia de IA, Big Data ou Machine Learning, e no seu marco as persoas expertas que participarán nas xornadas mostrarán ao público asistente como dan vida a solucións dixitais, asumindo o reto de transformar as organizacións e tamén á sociedade.
O evento dará inicio mañá xoves, 24 de outubro, ás 16:30 horas, coa inauguración por parte do reitor da UDC, Ricardo Cao, e da deputada de Industria, Empresa, Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica, Rosa Ana García López. Tras o acto institucional, terán lugar as primeiras conferencias, a cargo de Enrique Vesteiro Rivas, responsable de Investigación, Desenvolvemento e Innovación no Grupo Cofrico, e Antonio Fabregat, líder de grafos do coñecemento en AstraZeneca.
Xa o venres 25, a UDC volverá a ter un papel protagonista, esta vez co relatorio a cargo de Amparo Alonso, catedrática da UDC e investigadora do CITIC da Universidade da Coruña, baixo o título IA cun orzamento: frugal e sostible, que abrirá as conferencias da mañá. A segunda xornada contará así mesmo con relatores procedentes do mundo empresarial como Paco Nathan, enxeñeiro principal DevRel en Senzing; Fernando Manzanera Pérez, líder técnico de fatiga e tolerancia ao dano en CT Ingenieros; Dimitrios Athanasakis, enxeñeiro principal de IA no Centro de IA en AstraZeneca; Rocío Vega Martínez, responsable en dixitalización en Reganosa, Ioannis Alexandros Antonoglou, CTO e co.fundador de Reflection AI, Kadripathi KN, enxeñeiro de IA en IONA Drones UK, e David Vázquez, responsable de desenvolvemento de negocio en ITG DroneSolutions.
O congreso Coruña Innovate Summit está organizado pola empresa DataSpartan e conta coa colaboración da Deputación da Coruña, o Clúster TIC Galicia, o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia, Consorcio de Turismo da Coruña e o Centro de Servizos Avanzados (CSA).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?