Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dos Espacios presenta as súas solucións para o sector turístico no Tourism Innovation Summit
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dos Espacios presenta as súas solucións para o sector turístico no Tourism Innovation Summit

S. P.
Publicado: 24/10/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

dos_espacios_summit_tis2.2.jpgA compañía arousá Dos Espacios, especializada no sector TurisTech, participa desde este mércores 23 de outubro ata este venres 25 no evento Tourism Innovation Summit (TIS) 2024, que se celebra no palacio de Congresos de Sevilla. Alí, a firma tecnolóxica de Vilagarcía dará a coñecer as solucións tecnolóxicas que ofrece ao sector turístico. A empresa fixo saber que o TIS é “unha contorna única para mostrar as solucións tecnolóxicas máis innovadoras para o sector do turismo”. Durante tres días, reúne a máis de 7.000 profesionais da industria, máis de 400 relatores e expertos internacionais e máis de 200 firmas expositoras.
Dos Espacios dará a coñecer neste encontro solucións avanzadas como o seu software para a xestión de servizos de Destinos Turísticos Intelixentes, personalizable e con capacidade para ser adaptado á dimensión do destino. Tamén debullará os detalles dos seus servizos de intelixencia turística baseados en IA, tecnoloxía Big Data, Internet das Cousas (IoT), automatización de procesos ou xestión de fluxos turísticos; e das súas solucións de xestión intelixente de aloxamentos turísticos e tecnoloxías para a posta en valor de elementos turísticos baseadas en Realidade Aumentada e Realidade Virtual, entre outras contribucións.
Presentación do HIT de Telefónica
dos_espacios_tis1.jpg Nesta primeira xornada do TIS, a empresa galega participou na presentación do Hub de Innovación Turística (HIT) de Telefónica, do que forma parte e a través do cal prestará apoio e soporte técnico experto a Destinos Turísticos Intelixentes, administracións públicas e empresas deste sector. O obxectivo do Hub de Telefónica é “acelerar a dixitalización dos destinos turísticos, cooperando para ofrecer ao visitante unha experiencia personalizada en todas as fases da súa viaxe; xerar información de utilidade que se poida compartir a nivel nacional grazas á construción dun gran datalake con datos do sector e fomentar a colaboración e a innovación para lograr un turismo sostible”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?