Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preséntase Virtus, a plataforma tecnolóxica para a investigación virtual da USC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preséntase Virtus, a plataforma tecnolóxica para a investigación virtual da USC

S. P.
Publicado: 24/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

As autoridades coñeceron no plató virtual as potencialidades de Virtus. Foto: Santi Alvite
As autoridades coñeceron no plató virtual as potencialidades de Virtus. Foto: Santi Alvite
Foi onte, mércores 23 de outubro, cando Virtus, a plataforma tecnolóxica para a investigación virtual da USC, era presentada na Facultade de Ciencias da Comunicación na Xornada de Portas a Virtus, que inaugurou o reitor Antonio López xunto coa vicerreitora de Política Científica, Pilar Bermejo; o delegado do reitor para a Transferencia do Coñecemento, Luis Otero, e a decana da Facultade de Ciencias da Comunicación Ana Isabel Rodríguez.
Virtus bota a andar a xeito de espazo común de solucións virtuais avanzadas tanto para a innovación docente e a difusión investigadora como para a transferencia tecnolóxica e de coñecemento ao tecido TIC e audiovisual galego.
Cómpre dicir que con esta infraestrutura os diferentes grupos de investigación e axentes sociais poderán desenvolver os seus proxectos dunha maneira colaborativa e multidisciplinar botando man dos usos e potencialidades inherentes ás tecnoloxías de realidade virtual e mixta. Dicir que este proxecto xorde do labor realizado dende hai anos por parte do Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) da USC.
Tendo como centro tecnolóxico o Escenario (Plató) Virtual de Televisión de última xeración recentemente instalado na Facultade de Ciencias da Comunicación, Virtus pretende ser o núcleo de creación de contidos baseados en realidades virtual e mixta e unha punta de lanza na integración efectiva destas tecnoloxías no día a día da investigación universitaria.
Esta plataforma achegará a posibilidade de gravación de contidos de curta ou longa duración para a divulgación do coñecemento e a transferencia efectiva do coñecemento científico xerado na USC e permitirá a participación remota e en vivo en eventos científicos, substituíndo o habitual espazo de presentación por unha contorna 3D con realización en directo, movemento de cámaras e integración de contidos 2D e 3D. Asemade, Virtus tamén tero outro uso, será a valorización do patrimonio material e inmaterial a través das máis novidosas ferramentas tecnolóxicas.
Virtus vai encamiñada a toda a comunidade universitaria e ao sector audiovisual e TIC de Galicia, e chega grazas ao financiamento europeo do programa Next Generation de 640.218,50 euros. Na xornada tamén explicaron detalles das posibilidades da plataforma o seu director científico, Enrique Castelló; o director técnico, Roi Méndez; e o técnico audiovisual Manuel Fidalgo, e tivo lugar a mesa redonda Virtus na Academia: docencia e investigación, seguida dunha quenda de visitas ás instalacións orientada ao sector académico. Na segunda mesa redonda, orientada ao sector audiovisual e TIC, adicouse a valorar as posibilidades de proxectos conxuntos universidade-empresa, e á súa finalización houbo unha nova quenda de visitas ás instalacións.
Pola tarde seguiron os obradoiros de tecnoloxía virtual, impartidos por Miguel Jiménez Moya, de Brainstorm Multimedia, e The Argounauts, socios tecnolóxicos de Virtus.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?