Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC acolle formación en tecnoloxías avanzadas para afrontar os grandes retos ambientais: Autumn School
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC acolle formación en tecnoloxías avanzadas para afrontar os grandes retos ambientais: Autumn School

S. P.
Publicado: 25/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

241023-curso-cibereco-1.jpgA Universidade de Santiago, a través da directora científica de ECOBAS e catedrática da USC María Loureiro, puxo en marcha unha iniciativa de formación centrada en achegar tecnoloxías avanzadas (aprendizaxe automática, Intelixencia Artificial) aplicadas á economía do cambio climático e os principais desafíos medioambientais aos que nos enfrontamos. Trátase da Autumn School, abeirada ao proxecto CiberEco, que traballa para determinar como se relacionan as fendas de ciberseguridade con situacións de crise política, eventos ambientais extremos e outras vulnerabilidades.
Na formación, que se desenvolve na Facultade de Ciencias e Económicas e Empresariais da USC, participan medio centenar de estudantes das tres universidades públicas galegas. Especialistas internacionais de primeiro nivel no eido da IA como Marcos López de Prado, Francisco Herrera e Luis Seco, debullan ao longo de tres xornadas como as técnicas de aprendizaxe automática (ML) e inferencia causal poden contribuír a solucións innovadoras en áreas coma o cambio climático e o desenvolvemento sostible.
O director da Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS), Pablo Taboada Antelo, deu a benvida ao alumnado, na súa maioría persoal investigador predoutoral das áreas de Economía e Empresa, que aprenderá ao longo das sesións como empregar estas tecnoloxías para entender mellor as relacións causais e oprimizar a toma de decisións baseadas en datos. Esta formación afonda nas técnicas máis innovadoras e avanzadas que se poden empregar na actualidade para a investigación en ciencia económica, e atende á liña principal do proxecto CiberEco, centrada en estudar e atribuír as ciberameazas no escenario macroeconómico.
CiberEco conta cunha dotación de 400.000 euros do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), que está a poñer o seu foco en ameazas externas non previamente estudadas a nivel macroeconómico. Algúns dos seus obxectivos son saber, por exemplo, como impactará a maior recorrencia de eventos extremos na ciberseguridade do país; que sectores económicos, lugares e recursos poden ser máis susceptibles a ciberataques nos distintos escenarios climáticos futuribles; e finalmente, pescudar se é posible predicir os impactos potenciais coa axuda de modelos baseados en IA.
O proxecto CiberEco comprende tamén o desenvolvemento de solucións de alto valor engadido para a mellora da ciberseguridade no país. Así, o equipo investigador creará novos modelos preditivos de fendas de ciberseguridade, ferramentas que empregarán algoritmos de IA para modelar datos climáticos, combinados con outras técnicas de enquisa e modelos híbridos de aprendizaxe tipo human-in-the-loop.
ECOBAS é un centro de investigación interuniversitario que aspira a ser referente internacional no eido da sustentabilidade económica, ambiental e social. Integrado por 80 dos mellores académicos e académicas das tres universidades galegas, ECOBAS traballa para dar resposta aos grandes retos e desafíos da sociedade mediante a investigación de excelencia, a docencia, a divulgación e a transferencia de coñecemento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?