Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG e AMTEGA premian á rapazada de nove concellos a través de Argallando.gal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG e AMTEGA premian á rapazada de nove concellos a través de Argallando.gal

S. P.
Publicado: 25/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cpeig_entrega_premios_2_.jpgO Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), entregaron no serán deste venres 25 de outubro os premios Argallando.gal, iniciativa desenvolvida este ano dentro do programa de fomento de vocacións tecnolóxicas entre a rapazada Techkids, baixo o lema deste ano Argallando entre xeracións.
O acto celebrouse no Centro GaiásTech da Cidade da Cultura en Santiago e contou coa asistencia dos premiados e representantes do CPEIG (o vicesecretario Roberto Vieito, o secretario Juan José González, e o vogal Iván Luis Vázquez) e da axencia autonómica AMTEGA.
28 sesións
Na procura da colaboración interxeracional para a resolución de diferentes retos tecnolóxicos, desenvolvéronse 28 sesións de ensinanza tecnolóxica (de deseño e impresión 3D, programación, robótica, drons e Realidade Virtual), dirixida a rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos, entre os meses de setembro e outubro polas diferentes aulas CeMIT de Galicia que voluntariamente solicitaron participar e no GaiásTech, así como a organización do concurso de proxectos.
cpeig_entrega_premios_2_.jpg Os equipos participantes no certame desenvolveron proxectos creativos nos que se fusiona a cultura máis ancestral coa tecnoloxía máis vangardista, aportando diferentes puntos de vista e coñecementos segundo as súas idades. Outorgáronse premios nas seguintes categorías:
-Xigante Argalleiro: aquel proxecto que, con carácter global, destaque sobre os demais polo seu enfoque, nivel de execución e creatividade. Foi dar a Maximiño (Miño en Xogo) da Aula CeMIT de Fisterra, equipo formado por Carla Martínez Suárez, Carla Miñones Santos, Constanza Muíño Fuentes, Enmanuel Villar Deus e Leticia Vázquez Castiñeira).
-Nubeiro Tech: aquel proxecto que empregue a tecnoloxía como eixo principal dunha forma especialmente interesante ou que sobresaia pola súa complexidade técnica. Este premio foi compartido por dous equipos: Os Medulianos (por O Vencedor Breogán), de Castrelo de Miño (formado por Marcos Suárez Gil, Gabriel González Pinal e Oliver García Méndez); e Uxía Martínez Campaña (por Admiración pola nosa cultura) de Catoira.
-Arbore Senlleira: aquel proxecto que resulte da colaboración interxeracional entre participantes de idades moi diferentes e que pertenzan a diferentes xeracións (por exemplo pais e fillos, avós e netos, irmáns, familiares, profesores e discentes, etc.). Este galardón recoñeceu a Fabián González, de Cuntis, por Meiga Gañadora. Tamén distinguiu ao Equipo ALA de Guitiriz por A lenda da torta de millo (formado por Adriana García Losada, Aitor García Losada, Lucía Santos Abad e Isabel Pérez Castedo); a Adrián Montero de Ribeira por Trinidad; e a Sofía Vidal e Loaira Tejero de Catoira por Mapa interactivo de Catoira.
-Proxecto Serea: aquel proxecto que, ben polos seus contidos, ben pola súa presentación, logre transmitir dun xeito máis didáctico e atractivo algún elemento da cultura galega. Distinguise nesta categoría ao equipo Estrela Michelín por As estrelas da cociña galega, de Sigüeiro, formado por Antonio Figueira Portela, Noé Giadás e Adriana Couselo Benítez; e tamén a Sabela González, por Bolboreta, de Barreiros.
-E-Trasnada: aquel proxecto que consiga sorprender por exceder o inimaxinable. Recoñeceuse a Vexeta nutricionista, por Meiga contra personaxe fantástico, da Cañiza, formado por Óscar Tenreiro, Ismael Sendín, Xoel Sendín e Stefan Markus Prenger.
Un xogo para coñecer a historia e a diversidade de Galicia
O equipo gañador do premio principal Xigante Argalleiro, Maximiño da Coruña, adscrito á Aula CeMIT de Fisterra, presentou un xogo para coñecer a historia, patrimonio, xeografía, igualdade e diversidade de Galicia. Para a súa construción, empregaron varias tecnoloxías e técnicas: madeira, NFC, cortadora láser, a radio, internet e reciclaxe. Todos os equipos gañadores recibiron un diploma acreditativo e un agasallo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?